[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

Galicia sumou 7.400 traballadores máis neste sector durante o pasado mes de xullo.

 

A recuperación da actividade turística durante os últimos meses volveu a ter consecuencias directas sobre a creación de emprego no sector. Os últimos datos do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, correspondentes ao pasado mes de xullo e difundidos polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, reflicten como o número de traballadores afiliados á Seguridade Social no sector no conxunto de España incrementouse en 143.524 persoas (un 5,6 %) con respecto ao mesmo mes do 2021.

 

Ese crecemento foi especialmente acusado no ámbito da hostalería, con 198.000 afiliados máis, o que permitiu compensar o descenso rexistrado na área doutras actividades turísticas (60.000 afiliados menos), mentres que as axencias de viaxes e os operadores turísticos experimentaron un lixeiro incremento de 5.000 afiliacións.

 

Esta mellora xeral do emprego no sector turístico deuse en todas as comunidades autónomas, situándose Galicia como o sétimo territorio en creación de emprego no sector turístico con 7.427 máis afiliados que en xullo do 2021, sendo superada unicamente por Andalucía, Cataluña, Baleares, Canarias, a Comunidade Valenciana e Madrid.

 

A variación interanual en Galicia foi dun 9 % máis ata sumar un total de 90.101 traballadores afiliados no sector da hostalería e as axencias de viaxes e os operadores turísticos turísticos en xullo deste ano, o que supón o 4,7 % do total estatal de traballadores deses sectores. A práctica totalidade das novas altas corresponden a traballadores asalariados, mentres que o número de autónomos afiliados en Galicia sufriu un pequeno descenso do 0,5 %.

 

20 de Agosto de 2022

O turismo volve impulsar a creación de emprego

Galicia sumou 7.400 traballadores máis neste sector durante o pasado mes de xullo.   A recuperación da actividade turística durante os últimos meses volveu a ter […]
19 de Agosto de 2022

O turismo estranxeiro case se triplicou en Galicia no primeiro semestre do ano

Desde Portugal e por estrada, perfil maioritario do visitante chegado desde outros países á comunidade.   A chegada de visitantes estranxeiros a Galicia experimentou un forte […]
18 de Agosto de 2022

Lugo promocionarase un ano máis en La Vuelta

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo difundirá os atractivos gastronómicos e turísticos da provincia cunha caseta que percorrerá todas as saídas […]
11 de Agosto de 2022

A Administración e o sector turístico xuntan forzas para recuperar a actividade en zonas afectadas polos incendios

A Xunta asinará un convenio coa Asociación Galega de Axencias de Viaxes para investir máis de 90.000 euros na creación de 45 paquetes turísticos no Courel […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586
Página siguiente