[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

Tras a celebración da súa cuarta edición en América Latina, Termatalia Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar, regresa en 2019 a Ourense (Galicia-España) convertida no foro e punto de confluencia dos axentes que traballan no desenvolvemento do termalismo a nivel mundial. E como non podía ser doutro xeito, os seus promotores elixiron Fitur para o arranque da promoción internacional da feira que estará presente nos principais foros mundiais de turismo de saúde.
Os bos resultados das accións de negocio da edición de 2018 en Foz do Iguaçu en Brasil, reunindo a representantes de 34 países, contribuíron a reforzar o principal activo da feira, que é o capital relacional que xera e na que están integradas as principais asociacións sectoriais de países de Europa e América Latina que colaboran e participan activamente nela. Na presentación de Fitur, os organizadores da feira estiveron arroupados por representantes dos organismos, públicos e privados, que contribuíron a posicionala como marca mundial do termalismo e por profesionais dunha boa parte máis da trintena de países que cada edición involúcranse activamente coa feira, ademais da presenza do Secretario Xeral Adxunto da Organización Mundial de Turismo (OMT), o colombiano Jaime Alberto Cabal, que destacou o apoio da OMT ao turismo de saúde e, por tanto ás feiras que o promoven e entre as que destaca a nivel mundial Termatalia, “unha cita que serviu para unir a Iberoamérica con Europa”.
A 19ª edición desta cita celebrarase os días 19 e 20 de setembro e convocará a profesionais de máis de 25 países. Consolidado o seu papel de ponte termal entre Europa e América Latina, Termatalia dá un paso máis e amplía o seu radio de acción incorporando os mercados de Oriente Próximo e Asia Pacífico. Isto supón unha rede de 27 delegacións en 55 países de 4 continentes, o que contribúe a xerar novas oportunidades entre os axentes integrados na rede estratéxica de Termatalia, que é altamente especializada neste nicho de mercado. Trátase ademais dunha rede proactiva á que cada ano incorpóranse novos países como é o caso do Salvador, a máis recente das delegacións.
26 de Xaneiro de 2019

Lanzamento da próxima edición de Termatalia

Tras a celebración da súa cuarta edición en América Latina, Termatalia Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar, regresa en 2019 a Ourense (Galicia-España) convertida […]
25 de Xaneiro de 2019

Consolidación e sustentabilidade marcan os retos de futuro para o Clúster Turismo de Galicia nos próximos anos

A entidade que aglutina ao 95% do sector turístico galego fixo balance dos seus 5 primeiros anos de traxectoria en Fitur O espazo de traballo da […]
24 de Xaneiro de 2019

Xantar presenta a súa edición máis internacional para celebrar o seu 20º aniversario

A única feira gastronómica galega contará cun centenar de experiencias e a presenza dunha ducia de paises con Brasil como convidado, representado pola Prefeitura de Foz […]
24 de Xaneiro de 2019

Presentado en Fitur un novo volume da guía turístico-gastronómica … e para comer, Lugo

Baixo o título Lugo, ¿te gusta?, a Apehl volveu a Fitur para presentar a nova guía da colección …E Para Comer, Lugo, unha das iniciativas clave […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553
Página siguiente