[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

O Salón Turístico de Galicia celebrarase no recinto feiral de Silleda do 2 ao 5 de xuño.

 

O recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda, volverá abrir as súas portas ao sector turístico o próximo mes de xuño acollendo a undécima edición de Turexpo Galicia, o Salón Turístico de Galicia. Durante catro xornadas, do xoves 2 ao domingo 5, os representantes do mundo do turismo tanto galego como estatal citaranse cun gran número de operadores turísticos nacionais e internacionais para establecer contactos, promocionar os seus produtos, selar acordos, gañarse a confianza do consumidor e xerar negocio. O obxectivo é, en definitiva e segundo explican os promotores do salón, “revitalizar empresas e destinos”.

 

Tras a cancelación da edición do 2020 por mor da pandemia da covid, e o renovado impulso que supuxo Turexpo 2021, os seus organizadores confían en que o salón deste ano dea un novo paso adiante. Para iso traballan na selección dun importante número de operadores nacionais e internacionais de gran interese para todos os participantes e tamén na incorporación de máis países emerxentes como emisores de turismo. Ademais, optimizarán as axendas de reunións para aumentar a súa eficacia. No ano 2019, Turexpo atraeu a atención de 128.000 visitantes e foi escenario de 2.800 reunións con 47 operadores turísticos de 11 países. O ano pasado, a pesar das restricións aínda vixentes pola pandemia e do cambio de datas, os visitantes foron 57.000 e as reunións, 1.900, con 38 profesionais procedentes de 11 países.

 

A undécima edición de Turexpo volverá ter os expositores dos destinos como fío condutor principal, pero tamén haberá espazo para a formación coa celebración de xornadas técnicas e para un encontro de bloggers que reunirá a un destacado grupo de expertos na difusión de contidos dixitais. Os seus promotores esperan que a prolongación do Ano Santo Xacobeo 21-22 se converta tamén nun aliciente engadido.

 

A entrada será gratuíta e os dous primeiros días as actividades centraranse cara aos profesionais do sector turístico, mentres que as dúas últimas xornadas as portas estarán abertas xa para o público xeral.

 

Festur e Xornadas de Turismo Ibérico

En paralelo a Turexpo celebrarase tamén a oitava edición da Feira de Festas de Interese Turístico (Festur), unha cita organizada coa colaboración da Axencia Turismo de Galicia para dar a coñecer os numerosos festexos galegos que gozan desta recoñecemento. O programa de Festur incluirá degustacións, escenificacións e exhibicións para mostrar as particularidades destas celebracións. Ademais, tamén terán lugar as segundas Xornadas de Turismo Ibérico, que reunirán os días 2 e 3 de xuño a empresarios e representantes institucionais de España e Portugal para debater sobre a situación e o futuro do turismo na Península.

15 de Febreiro de 2022

Turexpo Galicia prepara xa a súa undécima edición co obxectivo de revitalizar empresas e destinos

O Salón Turístico de Galicia celebrarase no recinto feiral de Silleda do 2 ao 5 de xuño.   O recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca, […]
10 de Febreiro de 2022

Navartur, próximo punto de encontro para o sector turístico

O turismo galego estará presente na Feira Internacional de Turismo Reyno de Navarra, que se celebra en Pamplona do 25 ao 27 de febreiro.   Dúas […]
07 de Febreiro de 2022

Aloxamentos e restaurantes xa poden optar ás novas axudas para a mellora das instalacións

A Xunta destina 2 millóns de euros a esta convocatoria para a modernización do sector turístico.   Aloxamentos turísticos de distinta natureza (hoteis, cámpings, casas de […]
06 de Febreiro de 2022

Trece itinerarios convidarán a coñecer Galicia en tren o próximo verán

A novena edición dos Trens Turísticos de Galicia prevé 37 saídas entre os meses de xuño e outubro.   O tren volverá ser o próximo verán […]