[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

Os 27 expositores galegos amosan a oferta turística galega hoxe e mañá e manteñen reunións con profesionais interesados ​​en coñecer os produtos

 

Un total de 745 axencias de viaxes de toda España participan hoxe e mañá no obradoiro ‘on-line’ #quedamosenGalicia, promovido polo Clúster de Turismo de Galicia. Nun ambiente virtual que reproduce un espazo expositivo, 27 empresas galegas teñen stands onde se presentan e amosan os seus produtos. A partir de aí, organízanse reunións virtuais con aqueles participantes rexistrados que o desexen.

O workshop foi inaugurado esta mañá polo vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal.

17 de Novembro de 2020

Máis de 700 axencias de viaxes de toda España participan no taller #quedamosenGalicia

Os 27 expositores galegos amosan a oferta turística galega hoxe e mañá e manteñen reunións con profesionais interesados ​​en coñecer os produtos   Un total de […]
13 de Novembro de 2020

AS EMPRESAS TURÍSTICAS RECLAMAN ANTE A XUNTA AXUDAS DIRECTAS PARA A FONDO PERDIDO E A IMPLICACIÓN DE TODAS AS ADMINISTRACIÓNS PARA PODER MANTER A ACTIVIDADE E O EMPREGO EN GALICIA

O Clúster de Turismo de Galicia reúne na Vicepresidencia da Xunta a hostalería, axencias de viaxes, atacadista, aloxamento, turismo de negocios e toda a oferta complementaria. […]
10 de Novembro de 2020

A páxina web ‘Galicia Golf Salud’ presentouse hoxe en Santiago

É un espazo virtual que busca crear unha rede hispano-portuguesa de colaboración entre operadores turísticos, organizadores de torneos, profesionais e campos de golf   A Asociación […]
09 de Novembro de 2020

A HOSTALERÍA RECIBIRÁ 16 MILLÓNS DE EUROS EN AXUDAS DIRECTAS DA XUNTA ANTES DO FIN DO ANO, ADEMAIS DOS 70 MILLÓNS DESTINADOS A AUTÓNOMOS E MICROEMPRESAS

O Clúster crea unha mesa de diálogo coas asociacións do subsector de hostalaría para manter a liña iniciada hoxe na reunión coa vicepresidencia da Xunta e […]