[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

Unha sondaxe realizada polo Clúster Turismo de Galicia apunta que as previsións son positivas cun incremento das reservas nas últimas semanas, lixeiramente freadas polas previsións meteorolóxicas

 

O maior nivel de ocupación rexistrarase entre os días 14 e 17 de abril, especialmente destacado en hoteis de catro estrelas, establecementos con servizo de spa e nalgunhas zonas de turismo rural

 

O perfil maioritario do turista que se achegará a Galicia é de orixe nacional aínda que nalgúns destinos, como Santiago de Compostela, comeza a recuperarse o turismo internacional

 

O sector turístico galego agarda un bo nivel de ocupación para esta Semana Santa cunhas previsións que oscilan entre o 60 % e o 80 % e función das zonas. Son estimacións cualitativas dunha sondaxe realizada polo Clúster Turismo de Galicia que denotan que o turismo galego está a recuperarse coa apertura de establecementos que pecharan as súas portas durante a pandemia e con niveis de ocupación previos á pandemia para algunhas das entidades consultadas aínda que non de forma xeral.

 

A sondaxe sinala que o máximo nivel de ocupación rexistrarase entre o xoves 14 e o domingo 17, especialmente en hoteis de 4 estrelas ou superiores, así como en aqueles que ofertan servizos de spa ou similares. En termos xerais, o turismo rural tamén espera boas cifras de ocupación, especialmente na Ribeira Sacra e na Mariña Lucense.

 

As fontes consultadas coinciden en que durante as últimas semanas rexistrouse un bo volume de reservas, que se freou lixeiramente nos últimos días debido ás malas previsións meteorolóxicas. Así, é posible que as cifras de ocupación varíen ao longo dos vindeiros días debido ao turista de proximidade e as reservas e cancelacións de última hora en función da meteoroloxía.

 

Respecto ao perfil do viaxeiro, será maioritariamente nacional e de proximidade, se ben é certo que algún destino, como Santiago de Compostela, comeza recibir algún turista internacional.

 

Análise por territorios

Pasando xa a unha análise por territorios, tanto na provincia de Pontevedra como na cidade de Vigo están a rexistrarse cifras de ocupación de en torno ao 60 % entre o xoves e o domingo, cifra que diminúe ata un 40 % se se consideran as reservas desde o luns. Estes datos parecen deberse á previsión meteorolóxica adversa que se espera para a próxima semana en Galicia, a pesar de que o sector espera alcanzar o 70 % de ocupación durante os días festivos, especialmente nos hoteis con spa. Pola súa parte, en Sanxenxo espérase unha ocupación do 70 % para hoteis de catro estrelas e superiores, cifra que baixa ao 55 % para o resto de establecementos.

 

Os hoteis da cidade da Coruña prevén ocupacións do 72,78 % e, ata o momento, esperan cancelacións en torno ao 12,40 %. Pola súa parte, a previsión xeral para a Costa da Morte sitúase no 60 % de ocupación; cifra que non é a esperada pero que pode variar debido ás reservas de última hora. Sen embargo, como dato positivo, debe destacarse que non se están a rexistrar cancelacións na zona. A porcentaxe de ocupación en Santiago de Compostela roldará o 70 %, concentrándose a maior parte de reservas no casco histórico da capital galega.

 

Os datos da provincia de Lugo varían dependendo da zona consultada. Mentres que na cidade de Lugo e na zona da Terra Cháespéranse cifras de ocupación en torno ao 65 %, na Mariña Lucense prevese unha ocupación do 74 % entre o xoves e o venres, a pesar de que algúns establecementos de praia aínda permanecen pechados. O balance é moi positivo para a Ribeira Sacra, onde se esperan cifras de ocupación superiores ao 88 % entre o xoves e o domingo e ao 80 % para o resto de días. Nesta área están a ter especial éxito os hoteis de 3 e 4 estrelas e os establecementos de turismo rural, nos que se recollen cifras de ocupación superiores ao 90 %. Por último, a chegada do tren de alta velocidade a Ourense parece impulsar o turismo, de forma que se espera que entre o xoves e o sábado a cidade alcance en torno ao 80 % de ocupación.

08 de Abril de 2022

O sector turístico galego prevé unha ocupación de entre o 60 % e 80 % esta Semana Santa, segundo a zona

Unha sondaxe realizada polo Clúster Turismo de Galicia apunta que as previsións son positivas cun incremento das reservas nas últimas semanas, lixeiramente freadas polas previsións meteorolóxicas […]
06 de Abril de 2022

Fegatur dá a benvida á Primavera cunha loa á vida a través da “Sinfonía dos abrazos”

A Federación Galega de Turismo Rural promociónase cun vídeo cheo de natureza e tenrura.   Imaxes cheas de tenrura nas que a natureza se erixe como […]
05 de Abril de 2022

Aloxamentos e restaurantes poden optar xa ao novo Bono Enerxía Peme do Inega

A convocatoria para melloras enerxéticas está dirixida a autónomos e pemes e dotada cun orzamento de 2 millóns de euros.   O Instituto Enerxético de Galicia […]
04 de Abril de 2022

Os albergues privados repartiranse 500.000 euros en axudas para melloras e dixitalización

Os representantes da asociación Agalber reuníronse no Pino co vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda.   O albergue do Pedrouzo, no municipio coruñés do Pino, serviu de […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566
Página siguiente