Coordinado pola Secretaría de Estado de Turismo dentro do Plan do Turismo Español Horizonte 2020, no seu eixo Valor ao Cliente, programa Calidade Percibida, o proxecto Anfitrións do Turismo, celebra este ano unha nova edición co obxectivo de seguir avanzando na mellora da calidade das empresas e destinos turísticos para satisfacer de forma correcta as expectativas do turista máis esixente.
Do mesmo xeito que en edicións anteriores, nesta impartirase o catálogo completo de cursos tanto de Cultura do Detalle (formación en atención ao cliente) como de Destino en Detalle (boas prácticas para a mellora integral de destinos turísticos) co que se pretende cubrir as carencias existentes no sector turístico en materia de atención ao cliente, con contidos diferenciados en función de dous perfís: persoal en contacto co cliente e propietarios ou mandos intermedios. Finalmente o programa de Destino en Detalle está constituído por un único curso de tres semanas de duración e terá lugar entre o 9 e o 29 de abril de 2019.
O proxecto Anfitrións ten como obxectivo impulsar a cultura do detalle e a atención ao cliente para mellorar a calidade percibida de España como destino turístico e está orientado tanto profesionais de todos os subsectores do Sistema de Calidade Turístico Español ( SCTE), entre os que están presentes aloxamentos, axencias de viaxes, transporte turístico, guías de turismo, estacións de esquí e montaña, comercios, aluguer de coches, artesáns, portos deportivos, empresas de turismo activo, palacios de congresos, convention bureaux, OPCs, servizos turísticos de saúde, taxis e outros servizos. Así mesmo, poden beneficiarse do plan os profesionais de servizos públicos turísticos tales como oficinas de información turística, praias, espazos naturais protexidos.
Trátase dunha formación totalmente en liña e gratuíta, que se desenvolverá entre marzo e xuño deste ano. O prazo para inscribirse estará aberto entre o 4 e o 17 de marzo. Todos os interesados en participar nos cursos deberán acceder á plataforma de formación online www.turismo-formacion.com, rexistrarse e realizar a preinscrición. Na páxina de inicio da devandita plataforma atoparán un documento de axuda para realizar este proceso. Para mais información: anfitriones@tourspain.es.
Coordinado pola Secretaría de Estado de Turismo dentro do Plan do Turismo Español Horizonte 2020, no seu eixo Valor ao Cliente, programa Calidade Percibida, o proxecto […]
Baixo o lema “Eu practico turismofilia, e ti?”a Confederación Española de Federacións e Asociacións Profesionais de Guías de Turismo decidiu centrar este ano a súa mensaxe […]
O conselleiro de Cultura e Turismo presidiu unha reunión cos principais axentes públicos e privados da cidade cara á planificación do próximo Ano Santo O conselleiro […]