[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

  • A Asociación Española de Cidades do Viño (ACEVIN) seleccionou á localidade pontevedresa como gañadora na primeira edición desta iniciativa.

 

Cambados será a primeira Cidade Española do Viño.  Ao longo do 2024 a vila pontevedresa ostentará esta distinción, creada pola Asociación Española de Cidades do Viño (ACEVIN) como nova insignia para potenciar o enoturismo e a cultura vitivinícola ligada a pobos e cidades de todo o país.

 

O municipio resultou elixido durante a celebración da asemblea extraordinaria da agrupación, celebrada en Madrid o pasado luns, 16 de outubro. A implicación e apoio das administracións, asociacións e empresas do territorio, ademais do programa de actividades previsto, foron algúns dos factores que resultaron determinantes para a súa elección. A candidatura presentaba unha relación de actividades a desenvolver ao longo de 2024 vinculadas co viño, turismo, gastronomía e ocio.

 

Rosa Melchor, presidenta de ACEVIN, destacou as propostas da candidatura, enfocadas a “coñecer, vivir e gozar da viña, do viño e da paisaxe; apoiándose no patrimonio natural, industrial, cultural, as tradicións e o legado vitivinícola do territorio, tendo moi presente o medio e desenvolvemento rural sostible no ámbito territorial enoturístico”.

 

Ademais de ser socio de ACEVIN, Cambados forma parte da Ruta do Viño das Rías Baixas, integrada na marca Rutas do Viño de España.

24 de Outubro de 2023

Cambados, primeira Cidade Española do Viño

A Asociación Española de Cidades do Viño (ACEVIN) seleccionou á localidade pontevedresa como gañadora na primeira edición desta iniciativa.   Cambados será a primeira Cidade Española […]
24 de Outubro de 2023

Turismo de Galicia e o Clúster de Turismo realizarán un diagnóstico participativo para coñecer a situación do sector en Galicia

Está previsto que o proceso comece esta semana coa consulta aos axentes do sector a través de mesas de traballo distribuídas por toda a xeografía galega. […]
24 de Outubro de 2023

Os establecementos de aloxamento e axencias de viaxe xa poden adherirse ao bono turístico #DescubreGaliciaenOutono

Os aloxamentos e axencias de viaxe poderanse dar de alta ata o 1 de decembro de 2023. Para sumarse á iniciativa, os establecementos turísticos deben estar […]
18 de Outubro de 2023

36 empresas e servizos turísticos do destino Barbanza-Arousa reciben a certificación de calidade turística SICTED

A entrega das distincións tivo lugar durante a I Gala do Turismo Barbanza Arousa, na que participou o presidente do CTG, Cesáreo Pardal.   O Pazo […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553
Página siguiente