[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

  • A Illa da Toxa foi o destino anfitrión da terceira edición do Global MICE Fórum, que xa visitou con anterioridade as cidades de Sevilla e Zaragoza.
  • No evento participaron 30 prescriptores nacionais de Congresos e 42 suppliers de congresos nacionais.

 

O turismo MICE galego deu a coñecer a súa oferta de turismo de reunións ao tecido asociativo nacional no marco da celebración do Global MICE Forum. Esta iniciativa asociativa reúne a oferta e a demanda de Congresos e Reunións das asociacións nacionais. Trátase da terceira edición deste pioneiro encontro, que xa visitou con anterioridade as cidades de Sevilla e Zaragoza.

 

Do 4 ao 6 de xullo o Hotel Eurostars Gran Hotel La Toja acolleu reunións one-to-one, mesas redondas cos principais stakeholders do sector e reunións informativas. A iniciativa estivo dirixida a suppliers especializados en Congresos de toda España, desde Convention Bureaux ata Palacios de Congresos, auditorios, hoteis con centros de convencións de gran capacidade e proveedores de servizos complementarios para congresos.

 

En total participaron 30 prescriptores nacionais de Congresos e 42 suppliers de congresos nacionais. Desde o Clúster de Turismo ofrecéronse descontos sobre a cota de participación no Iberian MICE Forum co obxectivo de impulsar a participación das empresas galegas no evento. Viajes Abramar, Trevisani e a Asociación de Palacios de Congresos de Galicia foron as tres que finalmente participaron na cita. Ademais, entre os suppliers tamén se atopaban A Coruña Convention Bureau, Hotel & Talaso Louxo La Toja, Palexco, Ourense Genuina, Mar de Vigo e Eurostarts Hotels.

 

As empresas galegas puxeron en valor a oferta turística de congresos e reunións. En total realizáronse máis de 20 reunións co obxectivo de xerar novas relacións profesionais e adquirir novos contactos, ofrecendo unha oportunidade real de negocio. Reuníronse con fundacións, xuntas directivas de asociacións e sociedades médicas, científicas, exportadores, agrupacións e representantes doutros sectores organizadores de congresos a nivel nacional, que participaron na cita como hosted buyers (compradores convidados) dos destinos nacionais máis importantes.

 

O Global MICE Forum constituíuse coma un evento para compartir coñecementos, establecer conexións valiosas e descubrir as últimas tendencias da industria MICE.

11 de Xullo de 2023

O turismo MICE galego mostra o potencial do destino Galicia no Global MICE Forum

A Illa da Toxa foi o destino anfitrión da terceira edición do Global MICE Fórum, que xa visitou con anterioridade as cidades de Sevilla e Zaragoza. […]
11 de Xullo de 2023

O proxecto ‘Camino de Europa’ recibe o respaldo financeiro da Unión Europea

A iniciativa recibiu un impulso económico de 1.790.000 € dos fondos europeos para dinamizar as economías locais de maneira sostible. O obxectivo do proxecto é beneficiar […]
04 de Xullo de 2023

O sector turístico galego agarda un verán similar ao pasado cunha ocupación de entre o 70% e o 90%

Unha sondaxe realizada polo Clúster Turismo de Galicia apunta a que nalgunhas zonas poderían superarase as cifras do ano pasado. O Camiño de Santiago está a […]
04 de Xullo de 2023

Ourense e Costa da Morte reforzan o seu compromiso co turismo de calidade

25 empresas ourensás recibiron o distintivo Compromiso de Calidade Turística. A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) adheriuse ao Sistema de Calidade Turística en Destino (SICTED). […]