[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

A medida enmárcase no conxunto dos 16 millóns de euros aprobados no último consello da Xunta para o apoio de autónomos e pemes do comercio, os servizos, o turismo e o transporte

O último consello da Xunta aprobou unha nova liña de axudas dotada con 16 millóns de euros para apoiar a autónomos e pemes do comercio, o turismo, servizos e transporte e impulsar a instalación de medidas de protección para traballadores e consumidores. As axudas, que se asignarán por concorrencia non competitiva, inclúen a achega de anticipos no momento da resolución favorable da axuda pola metade da contía dos investimentos realizados.

Os apoios destinaranse a cubrir os gastos realizados para a adquisición de medios de protección e hixiene para o persoal e clientes do establecemento, así como medidas de reforzo de limpeza e desinfección dos locais; a adaptación dos espazos con equipamento de seguridade; a realización das obras de renovación, limpeza e ventilación do aire; e a posta á disposición dos clientes de información relativa ás medidas hixiénicas e de protección.

Axudas directas e contías anticipadas
No caso dos establecementos de hostalaría e restauración, axencias de viaxes e outros locais turísticos, a liña de axudas cubrirán o 100% de investimento, até 1.200 euros desde un mínimo de 300 euros. Irán destinadas a establecementos de menos de 10 traballadores e menos de 300 metros cadrados. Tamén contarán con apoios do 80% do investimento a pemes de menos de 50 traballadores desde un mínimo de 1500 euros até un máximo de 3750 para as instalacións de medidas de seguridade.

Inxección económica a 9.000 familias
O presidente galego tamén destacou que a Xunta, de acordo cos sindicatos CCOO, UXT e a Confederación de Empresarios de Galicia, destinará 8 millóns de euros para complementar a 9.000 familias a percepción das súas prestacións no caso de estar a percibir os ERTE por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción de menor contía económica mensual -aos que se destinarán 6 millóns de euros- e para complementar a indemnización de maiores de 55 anos que perderon o seu traballo a consecuencia da pandemia -aos que se destinarán 2 millóns de euros-. “Estes 8 Millóns de euros forman parte dos acordos do diálogo social que pechamos coas organizacións sindicais”, destacou.

03 de Xuño de 2020

A Xunta destina 6 millóns para a instalación de medidas de protección para traballadores e clientes no sector turístico

A medida enmárcase no conxunto dos 16 millóns de euros aprobados no último consello da Xunta para o apoio de autónomos e pemes do comercio, os […]
02 de Xuño de 2020

Os albergues privados reclaman máis apoio das administracións para afrontar a crise xerada pola pandemia

Agalber, a asociación que reúne a 90 dos 300 albergues privados que existen no noso territorio, fai fincapé na súa dependencia do turismo estranxeiro, o que […]
01 de Xuño de 2020

Habilitado o teléfono gratuíto da Xunta para resolver dúbidas do sector turístico sobre seguridade sanitaria

Poderán chamar ao 900 815 334 de luns a venres de 10 a 14h. e de 16h a 20h. ou enviar un correo electrónico a info-galiciadestinoseguro@xunta.gal […]
28 de Maio de 2020

Reactivado o prazo para que empresas e concellos soliciten axudas para renovación ou certificación da Q de Calidade Turística

Até o 2 de xuño está aberto o prazo para a solicitude destas axudas que quedaron paralizadas como consecuencia da pandemia A Consellería de Cultura e […]