[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

O estudo sobre o sector presentado polo Spain Convention Bureau destaca que as persoas que participan nestes eventos gastan un 330 % máis que o turista convencional medio.

 

O turismo de reunións, incentivos, conferencias e exposicións, o denominado turismo  MICE, prepárase para deixar atrás a crise provocada pola pandemia apelando ao seu gran potencial e á súa capacidade para xerar riqueza e progreso. Así se pon de manifesto no Estudo sobre Turismo de Reunións e a Estratexia de Reactivación presentado en datas recentes na sede da Federación Española de Municipios e Provincias polo Spain Convention Bureau (SCB), a entidade que aglutina a máis de medio centenar de destinos de turismo  MICE de toda España e na que Galicia ten catro representantes: o Consorcio de Turismo e Congresos A Coruña, Pontevedra Convention Bureau, Santiago de Compostela Convention Bureau e a Fundación Vigo Convention Bureau.

 

O informe reflicte que o sector sufriu de forma especialmente acusada os efectos da pandemia e que a recuperación será máis lenta que a do turismo en xeral. Prevé que a demanda nacional de turismo de congresos “tome impulso no último trimestre de 2022, que a internacional evolucionará de maneira máis paulatina, e prevese que estea recuperada nun 50 % a finais de 2022”, aínda que haberá que esperar ao 2024 para alcanzar os datos prepandemia.

 

Pero tamén destaca a gran importancia dun sector que xera no conxunto de España ao redor dos 87.000 empregos directos, o que supón o 8,32 % do total de postos de traballos relacionados co turismo, e que durante o último ano previo á pandemia, o 2019, xerou un impacto de 12.000 millóns de euros. O informe cifra en 10 millóns as persoas que viaxaron durante ese exercicio para participar en reunións, congresos, feiras e eventos similares, e detalla que o gasto que realizaron foi un 330 % máis que a media do turista convencional, o que confire aínda máis valor a esta actividade como fonte de progreso e desenvolvemento económico.

 

O estudo establece tamén algunhas das liñas de traballo que debe seguir o sector en Galicia e España para que o país se estableza como líder mundial: colaboración público-privada, aposta pola sustentabilidade, fomento da integración entre o visitante e a poboación local, e aproveitamento das oportunidades que ofrece un negocio multisectorial e o incremento da demanda global.

23 de Abril de 2022

O turismo MICE prevé recuperar o 50 % da actividade prepandemia a finais deste ano

O estudo sobre o sector presentado polo Spain Convention Bureau destaca que as persoas que participan nestes eventos gastan un 330 % máis que o turista […]
22 de Abril de 2022

Cesáreo Pardal participará no terceiro Congreso Inmobiliario de Galicia

O presidente do Clúster Turismo de Galicia debaterá sobre as vivendas de alugueiro turístico no marco dos actos programados para o próximo mes de maio en […]
18 de Abril de 2022

O sector turístico galego supera as previsións de Semana Santa cunha ocupación de entre o 75% e o 90%

A sondaxe realizada polo Clúster Turismo de Galicia ofrece un balance moi positivo que apunta á recuperación do sector, que entre o xoves e o sábado […]
15 de Abril de 2022

Depotermal volve conxugar o envellecemento activo co turismo termal

Unha decena de establecementos participan na nova convocatoria deste programa da Deputación de Pontevedra que ofrece máis de 4.400 prazas.   O turismo termal e o […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553
Página siguiente