[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

O Centro Galego dá Artesanía e do Deseño impulsa a celebración dunhas xornadas profesionais que axuntan artistas e profesionais da restauración galega

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, organizan os próximos 1 e 2 de outubro as Primeiras Xornadas Profesionais Artesanía no Prato, unha iniciativa que nace co obxectivo de fortalecer a promoción e comercialización do produto artesanal galego a través dun espazo creativo vinculado coa hostalaría e a restauración. A cita é na Cidade da Cultura, en horario de 11 a 21.30 horas, a través de talleres artesanais que presentarán os seus produtos e dun programa de actividades que lles permitiran coñecer estes produtos e o seu uso na restauración. Ademais, celebraranse cursos de formación da man do artista plástico e fotógrafo portugués José Lourenço, relacionados coa fotografía e a rede social Instagram.

Nesta primeira edición das Xornadas Artesanía no Prato estarán presentes 32 artistas procedentes do catro provincias así como 7 destacados cociñeiros galegos (Pepe Solla, Lucía Frietas, Jorge Gago, Juan Crujeiras, Álvaro Fontes e Diego López) nun evento no que non faltará nin a gastronomía, nin os produtos galegos de calidade nin a música.

28 de Setembro de 2017

Artesanía de Galicia no prato

O Centro Galego dá Artesanía e do Deseño impulsa a celebración dunhas xornadas profesionais que axuntan artistas e profesionais da restauración galega A Consellería de Economía, […]
27 de Setembro de 2017

Hostalaría Compostela estrea directiva e nova etapa

A Asemblea Xeral Extraordinaria da asociación Hostalaría Compostela celebrada este luns aprobou a nova directiva, que non foi necesrario votar ao presentarse unha única candidatura, encabezada […]
26 de Setembro de 2017

Foz do Iguaçu recolle a testemuña para a organización de Termatalia Brasil 2018

Termatalia 2017 botou o peche en Expourense pero xa comezou a organizar a próxima edición que terá lugar en Foz do Iguaçu en Brasil entre o […]
25 de Setembro de 2017

44 establecementos turísticos galegos reciben as primeiras distincións de Galicia Calidade Lecer

O presidente do CTG tomou parte no acto de entrega, presidido polo conselleiro Economía e Industria e coa participación da Axencia de Turismo de Galicia González […]