[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl) xa ten en marcha a organización da décimo quinta edición do Concurso de Tapas de Lugo, patrocinado polo Concello de Lugo, que terá lugar no mes de setembro. Neste sentido, o prazo de inscrición para participar xa está aberto e finaliza o vindeiro martes 16 de xullo.
Poden concursar todos os establecementos de hostalaría do Concello de Lugo que estean inscritos no Rexistro de Establecementos e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (REAT).
Para facer efectiva esta inscrición deben presentar a documentación requirida -ficha de inscrición, fotocopia do ingreso dá cota de inscrición, ficha técnica da tapa e fotografía da tapa- nas oficinas da Asociación, na rúa Ramón Montenegro 15, en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou a través do correo electrónico comunicacion@apehl.org. Para máis información poden chamar ao teléfono da Apehl 982 226 912.

12 de Xullo de 2019

Aberto prazo para participar na nova edición do Concurso de Tapas de Lugo

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl) xa ten en marcha a organización da décimo quinta edición do Concurso de Tapas […]
11 de Xullo de 2019

Hostalaría Compostela prevé unha ocupación media próxima ao 70% nas Festas do Apóstolo

A asociación fixo balance da ocupación en xuño e avanza perspectivas cautas para o mes de xullo A asociación Hostalaría de Compostela cifrou a ocupación dos […]
10 de Xullo de 2019

As mariñas galegas superaron por vez primeira o 10 mil tránsitos anuais, cun incremento interanual do 5%

Portos de Galicia e Consellería do Mar fixeron balance anual do turismo náutico en Galicia, que aumentou máis do dobre nos portos deportivos galegos ao longo […]
09 de Xullo de 2019

Costa das Ondas abre o proceso de adhesión para incorporar novas empresas

As entidades adheridas, que deberán estar situadas nalgún dos 21 municipios do geodestino Ferrol-Rías Altas, beneficiaranse das accións do programa O proxecto de dinamización turística e […]