[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

Desde hoxe e ata o 26 de maio participa xunto con cinco empresas galegas nun Roadshow organizado por Turespaña que percorrerá Roma, Catania, Bolonia e Milán.

 

No marco da campaña de internacionalización do destino Galicia, o Clúster Turismo de Galicia participa esta semana no Roadshow por Italia organizado por Turespaña. Abrir novas oportunidades de negocio e incrementar a visibilidade de Galicia como destino turístico son os obxectivos do Clúster, Turismo de Galicia e as cinco empresas da delegación galega que participan nesta iniciativa: ArtNatura Galicia, Circuitos Galicia, Galiwonders, Interrías y Tee Travel.

 

O RoadShow comeza hoxe en Roma e continuará por Catania, Bolonia e Milán. En cada unha destas cidades as preto de 50 empresas españolas que participan na iniciativa poderán expoñer os seus produtos e servizos turísticos culturais, gastronómicos ou premium a compradores italianos.

 

Ademais das cinco empresas galegas que estarán presencialmente nos diferentes worshops,  outras 19 axencias de viaxe estarán tamén presentes no encontro grazas a un catálogo elaborado polo Clúster Turismo de Galicia que resume os seus servizos principais.

 

Estas xornadas buscan reactivar e incrementar a comercialización do turismo español nun dos principais mercados emisores europeos antes da pandemia e posicionarse nel como un destino turístico de calidade, seguro e sustentable.

 

Aposta pola internacionalización

O sector turístico galego retoma con forza os seus obxectivos para incrementar a súa competitividade e seguir apostando pola internacionalización. Esta é unha das 15 actuacións de internacionalización xa pechadas para este 2022, ben impulsadas polo Clúster ou en colaboración coas administracións públicas, en 8 países distintos nos que participarán polo menos 120 empresas. Estas actuacións abren a porta ao establecemento de novos  lazos con outros territorios e a novas oportunidades de negocio.

23 de Maio de 2022

Italia, nova parada do Clúster na campaña de internacionalización do destino Galicia

Desde hoxe e ata o 26 de maio participa xunto con cinco empresas galegas nun Roadshow organizado por Turespaña que percorrerá Roma, Catania, Bolonia e Milán. […]
22 de Maio de 2022

A Comisión Europea chama ao sector para comprometerse cun turismo máis resiliente e sostible

Empresas, administracións, entidades e particulares poden sumarse ata finais de mes á “Senda de Transición para o Turismo”.   Empresas e axentes do sector turístico, administracións, […]
21 de Maio de 2022

Galicia Fórum Gastronómico volverá acender os seus fogóns para presumir de cociña

A Coruña recuperará en setembro, despois de dous anos de parón por mor da covid, esta cita que xunta sabores e turismo.   Xa comezou a […]
20 de Maio de 2022

La Xunta opta aos plans de sustentabilidade turística en destino con 5 proxetos valorados en 24 millones de euros

O presidente do Clúster Turismo de Galicia tomou parte na presentación das candidaturas para o programa extraordinario realizada pola directora de Turismo de Galicia.   Cinco […]