[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

  • A inscrición pódese facer previamente na web da central de reservas ou de xeito presencial nas casetas de información de Cíes e Ons o propio día da visita.
  • As excursións faranse en grupos reducidos para ofrecer unha experiencia de calidade.

 

Un ano máis a Xunta de Galicia pon en marcha o seu programa de rutas guiadas para visitar o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia durante o verán. Desta quenda son 350 as rutas organizadas, con aproximadamente 4.000 prazas dispoñibles.

 

Todas as visitas son gratuítas, mais os visitantes deberán facerse cargo do traslado ata a illa. Co fin de ofrecer unha experiencia da máxima calidade, todas as rutas faranse en grupos reducidos.

 

No caso de Cíes e Ons, as persoas interesadas poderán apuntarse de xeito presencial nas casetas de información localizadas nas propias illas ou a través da central de reservas. As visitas con guía realizaranse diariamente ata o venres, 15 de setembro. Ademais disto, tamén se organizan excursións (con 250 prazas) todos os mércores ás 12:00 horas durante os meses de xullo e agosto no caso de Cíes, e os xoves á mesma hora no de Ons.

 

Para Cortegada e Sálvora realizaranse excursións para grupos de 10 a 15 persoas, con 154 prazas en total. A reserva só se poderá realizar a través da páxina web habilitada. Para Cortegada ofrécense 6 visitas todos os domingos, desde o 23 de xullo ata o 27 de agosto. Para Sálvora: o mesmo número de visitas, pero cada luns desde o 24 de xullo ao 28 de agosto.

 

A solicitude a través da central de reservas das visitas polos arquipélagos de Sálvora e Cortegada poderá facerse ata o xoves anterior ao da excursión; e para Cíes e Ons ata 24 horas antes da realización da ruta para reservas en liña, ou no mesmo día en caso de anotarse de xeito presencial.

26 de Xullo de 2023

A Xunta ofrece 350 rutas guiadas para visitar o Parque Nacional das Illas Atlánticas entre xullo e setembro

A inscrición pódese facer previamente na web da central de reservas ou de xeito presencial nas casetas de información de Cíes e Ons o propio día […]
26 de Xullo de 2023

O Clúster Turismo de Galicia potenciará a marca Galicia Destino Sostible no mercado norteamericano

O Clúster, coa colaboración de Turespaña e do grupo Expedia, achegará as experiencias sostibles galegas aos Estados Unidos.   O Clúster Turismo de Galicia participará nunha […]
19 de Xullo de 2023

A creación do bono Xacobeo Xove, o reforzo das actividades de promoción e internacionalización e a consolidación de diferentes produtos turísticos centraron a actividade do Clúster no último ano

A Asemblea anual do Clúster Turismo de Galicia, celebrada en Santiago, fixo balance das actuacións desenvolvidas en 2022 e deu conta das previstas para este ano. […]
18 de Xullo de 2023

Atlantic Sunset, un proxecto para promocionar o solpor galego como recurso económico e sostible

O proxecto, coordinado polos profesores da USC Ángel Miramontes, Jorge Mira e Rubén Lois, procura identificar e valorizar os recursos endóxenos locais asociados ao sol.   […]