[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

Unha decena de municipios galegos e tres mancomunidades acábanse de incorporar á entidade de ámbito estatal.

 

Galicia xa é a terceira comunidade con máis municipios e entidades integradas na Rede de Destinos Turísticos Intelixentes que puxo en marcha no ano 2018 o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. Na última reunión da súa comisión executiva aprobouse a incorporación de 42 novos destinos entre os que se contan once municipios galegos e tres mancomunidades formadas tamén por concellos desta comunidade. Trátase concretamente dos municipios de Vigo, Arzúa, Melide, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Paradela, Pedrafita do Cebreiro, Portomarín, Samos e Sarria e das mancomunidades de Municipios Galegos do Camiño Francés, do Salnés e da Ría de Arousa Zona Norte.

 

Con estas novas incorporacións, son xa 22 os destinos turísticos galegos que forman parte desa rede de ámbito estatal, os mesmos que Castela e León, sendo Galicia unicamente superada por Canarias (con 23) e Andalucía (con 56).

 

A Rede de Destinos Turísticos Intelixentes foi creada co obxectivo de promover a conversión dos destinos turísticos españois en destinos intelixentes; fomentar a colaboración público-público e público-privada no desenvolvemento de produtos, servizos e actuacións; contribuír a garantir o liderado de España de intelixencia turística e garantir a calidade e a evolución do proxecto, fomentando a innovación e a tecnoloxía e promovendo as sinerxías e a transferencia de coñecemento.

20 de Outubro de 2021

Galicia gaña peso na Rede de Destinos Turísticos Intelixentes

Unha decena de municipios galegos e tres mancomunidades acábanse de incorporar á entidade de ámbito estatal.   Galicia xa é a terceira comunidade con máis municipios […]
15 de Outubro de 2021

Elixe Galicia, premiado como mellor produto de turismo activo 2021 en Fitur

Nava Castro recolleu en Madrid o galardón outorgado á campaña organizada pola Xunta co apoio do Clúster.   A pandemia da covid atrasou a entrega dos […]
14 de Outubro de 2021

O Clúster promociona Galicia na feira internacional TTG de Rímini

Unha misión comercial encabezada por Cesáreo Pardal desprazouse ata Italia para participar na 58° edición deste encontro destinado a profesionais do sector turístico.   Representantes do […]
13 de Outubro de 2021

Turismo de Galicia organiza un webinar sobre as axudas para a hostalería e a restauración

Celebrarase este xoves, 14 de outubro, entre as 16,30 e as 18.30 horas.   O contido, os requisitos, os prazos e o resto da información necesaria […]