• A próxima edición da feira turística da capital británica celébrase do 5 ao 7 de novembro de 2024.
  • O prazo para sumarse á comitiva que organiza o Clúster estará aberto ata o 2 de agosto ás 15:00 horas.

Como en edicións anteriores, o Clúster Turismo de Galicia prepara unha misión comercial á feira internacional de turismo WTM London, que terá lugar do 5 ao 7 de novembro de 2024 no centro de exposicións ExCeL.

 

O ano pasado, o Clúster impulsou a participación dunha decena de empresas galegas, promocionando nesta feira todo o que a nosa terra ten por ofrecer aos visitantes doutros países. Para a edición deste 2024, o Clúster organiza unha nova misión comercial, que permitirá viaxar a Londres a numerosos representantes das empresas turísticas galegas e tomar contacto con outros membros do sector.

 

A comitiva partirá do aeroporto da Coruña o luns, 4 de novembro, e regresará o, xoves 7 de novembro, a Santiago de Compostela. A data límite para inscribirse e participar nesta misión comercial é o venres, 2 de agosto, ás 15:00 horas. O número máximo de participantes é de 18 persoas. A convocatoria está dirixida a profesionais do sector segundo tipo de actividade:

 

  • Comercialización e distribución. Grosista, axencias de viaxe (en especial, receptivos). Limítase a dúas prazas por entidade.
  • Aloxamento e oferta complementaria. Calquera tipo de aloxamento (hoteis, cámpings, rural…) e actividades de oferta complementaria (turismo activo, novas experiencias, turismo náutico, MICE…). Limítase a unha praza por entidade.
  • Outras entidades. Limítase a unha praza por entidade.

 

Aquelas persoas interesadas en participar deberanse poñer en contacto co CTG enviando un correo electrónico a secretariatecnica@clusterturismogalicia.com cos seus datos persoais (nome, apelidos e DNI) e os datos de facturación da entidade asociada ao Clúster (razón social, dominio social e NIF) para efectuar a pre-reserva.

23 de Xullo de 2024

O Clúster Turismo de Galicia prepara unha nova misión comercial á WTM de Londres

A próxima edición da feira turística da capital británica celébrase do 5 ao 7 de novembro de 2024. O prazo para sumarse á comitiva que organiza […]
16 de Xullo de 2024

O Clúster reforza a promoción internacional do destino Galicia

Santiago acolleu o 16 de xullo a Asemblea xeral do Clúster na que se fixo balance das actuacións desenvolvidas en 2023 e se deu conta das […]
09 de Xullo de 2024

A marca turística ‘Galicia Destino Sostible’ estrea nova páxina web

O novo sitio é máis intuitivo e incorpora filtros para escoller con maior rapidez ás experiencias sostibles que ofrecen os membros do Club de Produto GDS. […]
01 de Xullo de 2024

Convocatoria de Asemblea Xeral do Clúster de Turismo de Galicia

O martes 16 de xullo de 2024 celebrarase a reunión de Asemblea Xeral do Cluster de Turismo de Galicia no auditorio 1 do CINC da Cidade […]