[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

Empresas, administracións, entidades e particulares poden sumarse ata finais de mes á “Senda de Transición para o Turismo”.

 

Empresas e axentes do sector turístico, administracións, entidades públicas e privadas, oenegués, turistas e outros cidadáns están convidados a sumarse á Senda de Transición para o Turismo impulsada desde a Comisión Europea para lograr unha actividade máis resiliente, sostible e dixital. Para lograr esa implicación foi habilitada na web deste organismo europeo unha enquisa de compromisos a través da cal os participantes poden manifestar que medidas implementarán dun total de 27 opcións diferentes en ámbitos como a dixitalización, a mobilidade sostible, a información en liña, a igualdade ou a transición verde.

 

Esta convocatoria é froito dun proceso iniciado en marzo do 2020 para axudar aos distintos sectores industriais da UE a liderar as transformacións ecolóxicas e dixitais e impulsar a competitividade global de Europa. O turístico, por ser o máis afectado pola pandemia da covid, foi o primeiro en iniciar esta senda cara á transición involucrando ao sector público e privado en máis dunha trintena de talleres e reunións. Esa primeira fase, que comezou en xuño do ano pasado, permitiu identificar nun informe esas 27 áreas antes de medición da transición verde e dixital que agora deberán ser implementadas polo sector. Sobre o papel están cuestións como a necesidade duns servizos turísticos máis circulares e respectuosos co medio ambiente, o intercambio de datos para lograr unha actividade máis innovadora e a mellora da accesibilidade.

 

O actual proceso de adhesión estará aberto ata finais do mes de maio e tanto a listaxe de participantes como os seus compromisos adquiridos serán publicados a través da web da Dirección Xeral de Mercado Interior, Industria, Emprendemento e Pemes ( DG  Grow) e da próxima plataforma de colaboración dos actores interesados no sector do turismo que entrará en funcionamento a finais deste ano.

22 de Maio de 2022

A Comisión Europea chama ao sector para comprometerse cun turismo máis resiliente e sostible

Empresas, administracións, entidades e particulares poden sumarse ata finais de mes á “Senda de Transición para o Turismo”.   Empresas e axentes do sector turístico, administracións, […]
21 de Maio de 2022

Galicia Fórum Gastronómico volverá acender os seus fogóns para presumir de cociña

A Coruña recuperará en setembro, despois de dous anos de parón por mor da covid, esta cita que xunta sabores e turismo.   Xa comezou a […]
20 de Maio de 2022

La Xunta opta aos plans de sustentabilidade turística en destino con 5 proxetos valorados en 24 millones de euros

O presidente do Clúster Turismo de Galicia tomou parte na presentación das candidaturas para o programa extraordinario realizada pola directora de Turismo de Galicia.   Cinco […]
19 de Maio de 2022

O Clúster continúa no Porto a campaña de internacionalización do Destino Galicia

Unha trintena de empresas galegas participaron nun workshop con emisores portugueses para expoñer a variada oferta turística da nosa Comunidade.   O chef galego Iván Domínguez […]