[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

Trala súa recente constitución e posta en marcha, a Rede Estatatal de Destinos Turísticos Intelixentes conta xa cos seus órganos de dirección: a comisión plenaria e a comisión executiva. No caso desta última quedou formada con participación galega xa que, ademais da presidencia, a cargo da secretaría de Estado de Turismo, e 3 vicepresidencias,Segittur, FEMP e Rede.é, a comisión executiva da Rede quedou constituída por nove vocalías correspondentes a nove destinos entre os que se conta un galego, Pontevedra, xunto con Benidorm, Calvià, Donostia, Arona, Palencia, Avilés, Santander e San Bartolomé de Tirajana.

Á Rede DTI, da que forman parte preto de 70 destinos, sumáronse varios membros institucionais: FEMP, Rede.é, a Asociación Española de Normalización, UNE; a Confederación Española de Hoteis (CEHAT), o Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE); e as asociacións AMETIC e CONECTIC. a Deputación de Pontevedra é a única entidade galega que forma parte do comité executivo da Rede DTI, que comezou oficialmente a súa andaina tras a constitución do comité e a firma dos protocolos de participación, apoio e promoción da rede, así como a constitución das comisións, integrada por 60 destinos de toda España entre os que se atopan tamén a Deputación de Ourense e a Mancomunidade de Salnés-Sanxenxo.

Entre os seus obxectivos a Comisión ten fixados a coordinación dos destinos turísticos intelixentes con Segittur e Rede.é, así como o lanzamento de servizos de información e asesoramento a destinos turísticos intelixentes sobre axudas e fondos europeos. Entre as súas liñas de acción para o actual curso, a Comisión celebrará o segundo encontro do grupo de traballo de xestores DTI e lanzaranse as ferramentas de soporte para a rede, concretamente o portal de destinos turísticos intelixentes, CRM e unha ferramenta de autodiagnóstico. Ademais, a Comisión Executiva da Rede DTI vai iniciar os plans de acción de novos destinos turísticos intelixentes, colaborar co III Congreso Mundial de Destinos Turísticos Intelixentes e presentar un programa de traballo da Rede.

A Rede DTI vai ser a encargada de definir o modelo de turismo do futuro, promovendo un novo marco de referencia baseado na innovación, coñecemento e tecnoloxía para construír espazos turísticos innovadores, sobre unha infraestrutura de vangarda que garanta o desenvolvemento sustentable do territorio, a accesibilidade, a interacción e a integración da persoa visitante coa contorna, así como a mellora da calidade de vida das persoas que residen nos destinos.

12 de Marzo de 2019

Presenza galega no Comité Executivo da Rede Estatal de Destinos Turísticos Intelixentes

Trala súa recente constitución e posta en marcha, a Rede Estatatal de Destinos Turísticos Intelixentes conta xa cos seus órganos de dirección: a comisión plenaria e […]
11 de Marzo de 2019

A Coruña, epicentro da gastronomía coa celebración do Fórum Gastronómico

O Fórum Gastronómico A Coruña pechou a súa terceira edición superando a cifra de visitantes con máis de 24.000 persoas que ao longo do tres xornadas […]
07 de Marzo de 2019

Os Ancares-Courel reciben o distintivo Observer de Turismo Científico

En Galicia, só o Parque das Illas Atlánticas posuía este distintivo até agora. O espazo Os Ancares e O Courel xa son Espazo Observer Turismo Científico, […]
06 de Marzo de 2019

Unha vintena de empresas e entidades turísticas galegas participan nunha nova misión comercial na ITB Berlin

A delegación organizada polo Clúster Turismo de Galicia da man da Consellería de Cultura e Turismo e Turespaña participaron anunha das feiras turísticas internacionais máis importante […]