[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

A medida é froito do acordo do Consello Interterritorial de Saúde e aplicarase no conxunto do territorio nacional

Os establecementos de hostalaría deberán pechar á unha da madrugada

O Consello Interterritorial de Saúde, o órgano que reúne o Ministerio de Sanidade cos departamentos sanitarios das comunidades autónomas, aprobou este venres “por unanimidade” o peche “o máis axiña posible” do lecer nocturno no marco dun paquete de medidas para procurar frear brotes e rebrotes da pandemia. O peche de pubs, discotecas e salas de baile que se aplicou á área sanitaria da Coruña deberá agora ampliarse a toda Galicia, e ao resto do Estado, en tanto que agora a Xunta terá que trasponer esta decisión á súa propia normativa, incluíndo a súa publicación no DOG, para que sexan efectivas. O peche total do lecer nocturno na comunidade galega farase efectivo a partir da noite do domingo ao luns. Así o trasladaron fontes do Executivo autonómico, que aseguraron que a Xunta aínda se atopa á espera de que o Ministerio de Sanidade comuníquelle os termos finais e os pormenores da aplicación das diferentes medidas. Será efectivo ás 0.00 horas do luns 17 de agosto de 2020.

O acordo do Consello Interterritorial inclúe, ademais, un paquete de medidas e restricións que levará a regulamentación das excepcións en cada unha das comunidades autónomas. Entre elas establécese a prohibición de fumar ou vapear en espazos abertos (incluídas terrazas) sempre que non se poida garantir a distancia de 2 metros con outras persoas, unha medida xa vixente en Galicia por iniciativa da Xunta desde este 13 de agosto.

Igualmente no campo do lecer, as novas restricións alcanzan tamén ao sector hostaleiro. Restaurantes e bares deberán pechar á unha da madrugada e non poderán admitir “novos clientes desde as doce da noite”. Ademais, as mesas dos establecementos de hostalaría non poderán reunir a máis de 10 persoas, ademais de lembrar a prohibición de consumir alcol na vía pública. O Ministerio de Sanidade recomenda, ademais, a necesidade de limitar os encontros persoais a 10 persoas, algo que se establece a modo de recomendación para as actividades de lecer dos cidadáns.

O acordo tamén se estende a outros ámbitos de actuación, como as residencias de maiores. O pacto implica limitar, como norma xeral, as visitas a unha persoa por residente ao día a un máximo dunha hora e “limitar ao máximo as saídas” fóra dos recintos. Ademais, limita ao máximo” as saídas das persoas que viven en residencias de maiores e impón as PCR obrigatorias para todo o persoal que se incorpora a elas, o que até agora non se aplicaba en Galicia.

Asemade, resaltou Illa, as autonomías comprométense a impor a realización de probas PCR “obrigatorias” a todos os novos ingresos” nestes centros nunha marxe máxima de 3 días. O protocolo galego xa contempla esta proba, polo que non supón unha medida adicional para as persoas residentes pero si para o persoal, xa que de agora en diante -segundo o pactado-, realizaranse “PCR obrigatorias” tamén ao persoal “que regrese de vacacións e, naturalmente aos que se incorporen de novo”.

O lecer nocturno irá a tribunais para frear a decisión do Goberno

“Non se pode pechar un sector estratéxico deste país desta maneira, sen explicarllo aos empresarios, sen planificar o seu futuro, sen acordar absolutamente nada”, dixo o presidente de España de Noite, Ramón Mais, que anticipou que o sector levará aos tribunais a decisión do Goberno central e esixiu un rescate económico por parte das Comunidades Autónomas.

O presidente da organización empresarial de discotecas e salas de festa considerou unha “total aberración” esta decisión, que se tomou “sen falar” coas patronais do lecer nin cos empresarios, e sen ofrecer ningún plan de rescate nin de axudas, asegurou, para este sector que supón un 1,8 % do PIB, que xera 200.000 postos de traballo e que comprende 25.000 empresas.

15 de Agosto de 2020

O peche do lecer nocturno será efectivo na madrugada do luns

A medida é froito do acordo do Consello Interterritorial de Saúde e aplicarase no conxunto do territorio nacional Os establecementos de hostalaría deberán pechar á unha […]
13 de Agosto de 2020

Proturga continúa en agosto co seu proxecto Facendo Camiño de impulso á profesionalización dos axentes turísticos galegos

Esta semana desenvolverase a ruta no Camiño Francés. Tras o parón provocado pola COVID19, a Asociación Proturga, Profesionais do Turismo de Galicia retomou a finais de […]
12 de Agosto de 2020

O Xacobeo 2021 e o mundo fenicio, novidades na nova tempada de losCruceros Costeiros

O porto de Escarabote en Boiro acolleu a presentación oficial das novas rutas Os Cruceiros Costeiros, unha iniciativa impulsada pola Asociación Galega de Actividades Náuticas (AGAN), […]
11 de Agosto de 2020

Aprobada a guía de recomendacións para recudir o contaxio por coronavirus en Vivendas de Uso Turístico

O Instituto para a Calidade Turística Española, xunto coa Secretaría de Estado de Turismo, en coordinación co Ministerio de Sanidade, publicou a última das guías de […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553
Página siguiente