[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

Apoia que o obxectivo da Xunta ao regular esta tipoloxía de aloxamento é protexer aos usuarios e garantir unha actividade turística sustentable e de calidade

O Tribunal Supremo avala na súa totalidade a normativa galega que regula as vivendas de uso turístico na nosa Comunidade. Así o establece nunha sentenza na que se desestima o recurso de casación presentado pola Administración Xeral do Estado e a Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia contra a norma galega, que pretendían a anulación de diversos preceptos da devandita norma entre os que destacaba a prohibición do aluguer por habitacións dentro da Vivenda de Uso Turístico.

Por tanto, a regulación das vivendas de uso turístico, así como dos apartamentos turísticos e das vivendas turísticas, manterase vixente a través da lei 7/2011 e do decreto 12/2017, mecanismos que están a permitir o correcto funcionamento deste mercado na nosa Comunidade, garantindo os dereitos tanto dos consumidores como da poboación local.

O fallo do Tribunal Supremo apoia, tal e como vén defendendo a Xunta, que o obxectivo desta regulación non é impor restricións, senón facilitar un desenvolvemento turístico ordenado, protexendo aos usuarios e garantindo a sustentabilidade dunha actividade de calidade. Deste xeito, avala a tese de que as vivendas de uso turístico deben alugarse pola totalidade da vivenda e non por habitacións en base ao marco normativo autonómico.

De igual maneira, mantense a posibilidade, habilitada pola Xunta de Galicia, de que os concellos establezan limitacións respecto ao número máximo de vivendas de uso turístico por edificio ou sector, concórrense circunstancias e razóns de imperioso interese xeral.

A sentenza responde o recurso de casación interposto pola Administración Xeral do Estado e a CNMC, despois de que xa en 2018 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) dese a razón en dúas ocasións á Xunta e avalase integramente a súa normativa.

08 de Xuño de 2020

O Tribunal Supremo ratifica a regulación das vivendas de uso turístico impulsada pola Xunta

Apoia que o obxectivo da Xunta ao regular esta tipoloxía de aloxamento é protexer aos usuarios e garantir unha actividade turística sustentable e de calidade O […]
05 de Xuño de 2020

Galicia en fase 3: a xestión da desescalada pasa ás comunidades autónomas

De avanzar a esta nova fase a partir do 8 de xuño, os galegos poderían comezar a mobilidade interprovincial, aínda que non entre comunidades autónomas, unha […]
04 de Xuño de 2020

A OMT presenta as súas directrices globais para reabrir o turismo

O organismo das Nacións Unidas traballará en estreita colaboración con Google para promover a aprendizaxe dixital e a formación online Lograr que as viaxes sexan seguros […]
03 de Xuño de 2020

A Xunta destina 6 millóns para a instalación de medidas de protección para traballadores e clientes no sector turístico

A medida enmárcase no conxunto dos 16 millóns de euros aprobados no último consello da Xunta para o apoio de autónomos e pemes do comercio, os […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553
Página siguiente