[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

Jesús Picallo mantivo varios encontros con autoridades turísticas de Latinoamérica e César Sánchez Ballesteros participou nunha presentación das xornadas técnicas.

 

O Clúster tamén deu a coñecer as súas propostas e actividades, como o Club de Produto Galicia Destino Sostible, desde o seu stand na feira ourensá de turismo termal.

 

O Clúster Turismo de Galicia tivo unha presenza destacada na vixésima edición de Termatalia, a Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar celebrada a semana pasada en Ourense e que congregou a profesionais de 25 países.

 

Durante as dúas xornadas de actividades no recinto de Expourense, o Clúster dispuxo dun stand propio no que deu a coñecer as accións realizadas no ámbito do turismo termal relacionando tamén este sector co novo Club de Produto Galicia Destino Sostible e destacando así a importancia crecente que a sustentabilidade ten para o desenvolvemento e o futuro do mundo do turismo. Ese foi tamén o eixo da intervención que realizou o secretario do Clúster, César Sánchez Ballesteros, durante a súa participación o venres 30 nunha das presentacións das xornadas técnicas incluídas no programa de Termatalia.

 

Ademais, a presenza por uns días en Ourense dos representantes de territorios con gran potencial para o sector turístico galego foi aproveitada tamén polos representantes do Clúster para manter diversos encontros. Durante a xornada inaugural do xoves 29, o vicepresidente do Clúster, Jesús Picallo, reuniuse tanto coa viceministra de Turismo de Panamá, Denise Guillén, como coa delegación uruguaia, integrada entre outros polo viceministro de Turismo, Remo Monzeglio; a embaixadora en España, Ana Teresa Ayala, e o cónsul xeral en Galicia, Ramiro Rodriguez Bausero. Precisamente, os representantes de Uruguai aproveitaron tamén a súa presenza en Ourense para postularse como anfitrións da próxima edición de Termatalia recuperando así a alternancia anual entre a cidade das Burgas e un país sudaméricano como sede da feira.

 

Jesús Picallo puido conversar tamén con outros representantes do mundo do turismo chegados desde o outro lado do Atlántico como é o caso d os ministros de Turismo e Culturas, Gustavo Luna, e de Sanidade, Juan Carlos Vergara, da provincia arxentina de La Rioja.

02 de Outubro de 2022

O Clúster desenvolveu unha intensa actividade en Termatalia

Jesús Picallo mantivo varios encontros con autoridades turísticas de Latinoamérica e César Sánchez Ballesteros participou nunha presentación das xornadas técnicas.   O Clúster tamén deu a […]
30 de Setembro de 2022

Ampliado o prazo para adherirse ao programa de patrocinios do Club de Produto Galicia Destino Sostible, que medra de novo con outras 11 empresas

A data límite inicial era o 30 de setembro, pero foi prorrogada ata o 21 de outubro.   Os beneficiarios repartiranse 300.000 euros en axudas, que […]
29 de Setembro de 2022

A excelencia turística e a mellor gastronomía teñen premio en Lugo

A Deputación recoñeceu na terceira edición dos seus galardóns o labor e a traxectoria de seis entidades e celebracións da provincia.   Durante o acto celebrado […]
28 de Setembro de 2022

“A provincia que sabe”, nova campaña da Deputación da Coruña

Esta iniciativa promocional dos produtos agroalimentarios e da gastronomía da provincia da Coruña foi presentada no Galicia Fórum Gastronómico.   Os conceptos de sabedoría e sabor […]