[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

A cooperación e a coordinación entre territorios e administracións volveu estar presente no Cume da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, celebrada en Matosinhos, na que se volveu a incidir na importancia de apostar a Ruta Xacobea de face ao próximo Xacobeo 2021. Neste sentido o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, incidiu na importancia de potenciar a promoción turística conxunta e, especialmente, o Camiño Portugués a Santiago de Compostela, que está a experimentar un crecemento exponencial nos últimos anos, e o turismo de cruceiros.
Rueda tomou parte no Cume xunto á directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o director xeral de Turespaña, Manuel Butler; o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, e o cónsul xeral de España no Porto, Aleix Garau Montané. Neste encontro o vicepresidente destacou a importancia da cooperación, tanto a nivel político como entre empresas, para facilitar a coordinación de investimentos en favor do cidadán. Esa coordinación implica á sociedade civil xerando un clima de confianza mutua que estimula os negocios e o traballo conxunto. Todas esas vantaxes, sinalou o vicepresidente, multiplícanse no caso do turismo.
Nese sentido, apostou por defender a marca conxunta “Dous países, un destino” e mellorar a proxección internacional, a colaboración público-privada e a adaptación ao novo turista dixital. Incidiu en que este é o mellor momento para apostar pola estruturación da oferta turística, pondo énfase na promoción do patrimonio natural e cultural, o desenvolvemento sustentable e a utilización de tecnoloxías da información.

13 de Abril de 2018

A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal aposta por potenciar o Camiño Portugués

A cooperación e a coordinación entre territorios e administracións volveu estar presente no Cume da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, celebrada en Matosinhos, na que se volveu […]
13 de Abril de 2018

Vivir a experiencia do Marisqueo nas Rías Baixas coas rutas gratuítas da Deputación de Pontevedra

Enmarcado dentro dos obxectivos de posta en marcha dun turismo sustentable, a Deputación de Pontevedra puxo en marcha a iniciativa Marisqueo nas Rías Baixas, que permitirá […]
12 de Abril de 2018

Galicia confirma a súa presenza nas feiras náuticas Salón Grand Pavois de Francia, os Salóns Náuticos de París, Londres e Dusseldorf ou a Southampton Boat Show do Reino Unido

Portos de Galicia e Turismo de Galicia asinaron un convenio para continuar intensificando a aposta polo turismo náutico e a consolidación de Galicia como un destino […]
11 de Abril de 2018

Innovación e retos de futuro para o sector do aloxamento galego protagonizan o II Foro Hoteleiro do CSHG

Os retos de futuro e alternativas que teñen os hoteis independentes fose das grandes cadeas ou franquías, a innovación e o papel das novas tecnoloxías no […]