[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

A entidade organizou para o día 24 o terceiro “Encontro Gastronómico e Cultural …E para comer, Lugo no Camiño”.

 

Unha serie de catas en cinco localidades da provincia completan o programa de actividades.

 

Os mellores sabores do Camiño e o transfondo cultural da tradición xacobea danse a man na terceira edición do Encontro Gastronómico e Cultural …E para comer, Lugo no Camiño, que organiza a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) para o luns 24 de outubro co apoio da Xunta de Galicia a través do programa O Teu Xacobeo.

 

As actividades desenvolveranse no Museo Interactivo da Historia de Lugo  e o programa inclúe a presentación do vídeo Lugo, porta de entrada a Santiago de todos os Camiños e dunha campaña publicitaria sobre reciclaxe. A continuación, os cociñeiros Nardo Eiroa, do restaurante Canedo, Diego López, do restaurante Bulló Xantar, Alejandro Méndez, dos Cachivaches, e Pablo Vila, da cadea Oca Hoteis, realizarán senllas demostracións gastronómicas con produtos de proximidade das Indicacións Xeográficas Protexidas e as Denominación de Orixe coas que colabora a Apehl. Xa pola tarde, o responsable de formación de Café Candelas, José Manuel Portelas, encargarase da demostración e da degustación Café dos Camiños a Compostela, e os nenos de entre 6 e 12 anos poderán participar nun taller e realizar unha viaxe virtual polo Camiño de Santiago.

 

Este terceiro Encontro inclúe ademais unha serie de catas en cinco localidades da provincia impartidas polo Instituto Galego do Viño, que xa deron comezo o martes 18 en Samos. Barreiros, o martes 25, e Palas de Rei, o mércores 26, son as dúas últimas citas deste programa anexo.

 

Máis información e inscricións en https://apehl.org/es/formacion/

 

 

 

20 de Outubro de 2022

Divulgación e sabores xacobeos coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo

A entidade organizou para o día 24 o terceiro “Encontro Gastronómico e Cultural …E para comer, Lugo no Camiño”.   Unha serie de catas en cinco […]
17 de Outubro de 2022

A feira turística de Rímini tivo un ano máis representación galega

O Clúster e sete empresas desprazáronse con Turismo de Galicia ata Italia para participar na TTG Travel Experience.   Un ano máis, Galicia estivo representada na […]
15 de Outubro de 2022

O Clúster celebrará o 25 de outubro unha xornada monográfica sobre o Club de Produto Galicia Destino Sostible

Catro representantes doutras tantas empresas adheridas xa a esta iniciativa relatarán a súa experiencia.   Tamén intervirán o presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, a directora de […]
11 de Outubro de 2022

Cesáreo Pardal fue el encargado de cerrar la primera de las dos jornadas organizadas por la Amtega y la Agencia Turismo de Galicia. Explicó que “ahora toca aprovechar al máximo el potencial de las tecnologías disruptivas que marcan esta nueva década, como el Big Data, la Inteligencia Artificial o el 5G”. El presidente del Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, es una de las voces autorizadas del sector turístico a la que recurrieron la Agencia para la Modernización Tecnológica de Galicia (Amtega) y la Agencia Turismo de Galicia para tomar la palabra en los Foros EDIT y analizar la importancia y la implantación de los Destinos Turísticos Inteligentes como herramientas para asegurar el futuro del sector en el ámbito de la Eurorregión Galicia-Norte de Portugal. Durante dos jornadas, representantes de la administración, la empresa, el ámbito de la investigación y académico, los centros tecnológicos y otros agentes relacionados con el turismo analizaron en la Ciudad de la Cultura sobre cuestiones como la sostenibilidad, el análisis del datos en la planificación turística, la colaboración entre Galicia y el Norte de Portugal y las experiencias tecnológicas en el ámbito privado. Para cerrar la primera de las dos jornadas, la del pasado lunes día 10, los organizadores de los Foros EDIT recurrieron a la directora del Área de Competitividad de Turismo de Galicia, Ana Lestido, y al presidente del Clúster, quien en su intervención reivindicó la importancia de la sostenibilidad y de la digitalización para afrontar los nuevos retos y asegurar el futuro del sector turístico gallego. Cesáreo Pardal explicó también que el turismo inteligente, la sostenibilidad y la adaptación a la nueva realidad tras la pandemia son tres de los ejes principales del Plan Director Galicia Destino Seguro 2021–2023 que el Clúster ha elaborado en colaboración con la Xunta de Galicia, las tres universidades gallegas y la industria turística. Asimismo, el presidente del Clúster apuntó que Galicia ya ha venido dando pasos por la senda de la digitalización en los últimos años con iniciativas como las plataformas Turespazo y Smart Camiño o la aceleradora de turismo Turislab, y señaló que la aportación tecnológica ha estado también muy presente en acciones emprendidas ya durante la pandemia para paliar sus efectos sobre el sector, como fueron los bonos turísticos Quedamos en Galicia. “Ahora toca aprovechar al máximo el potencial de las tecnologías disruptivas que marcan esta nueva década, como el Big Data, la Inteligencia Artificial o el 5G. Su aplicación permitirá mejorar el conocimiento de los perfiles de los viajeros y de los posibles clientes, la gestión de experiencias y reservas, la promoción o la comunicación”, ha apuntado también Cesáreo Pardal en su intervención.

Cesáreo Pardal foi o encargado de pechar a primeira das dúas xornadas organizadas pola Amtega e a Axencia Turismo de Galicia.   Explicou que “agora toca […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538
Página siguiente