[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

Desde o Clúster de Turismo de Galicia valórase moi positivamente o desenvolvemento de Fitur, así como o elevado número encontros que se produciu no espazo de negocios do que dispón na feira.

 

O éxito alcanzado na edición deste ano da Feira Internacional de Turismo, Fitur, que superou todas as expectativas, viuse reflectido no elevado número de visitas que recibiu o espazo de negocios do Clúster de Turismo de Galicia, con niveis de asistencia próximos aos anos anteriores á pandemia.

 

Esta área de traballo, punto de encontro para os profesionais do sector, acolleu preto de 300 reunións entre distintas empresas pertencentes a toda a cadea de valor do turismo, un dato, sen dúbida, moi positivo tendo en conta a actual situación sanitaria que provocou que moitos profesionais non puidesen desprazarse este ano á feira.

 

En liña co sucedido en edicións anteriores, asistiron ao espazo de negocios do Clúster organizacións públicas, como concellos, deputacións ou xeodestinos, pero, principalmente, foi o sector privado, como axencias de receptivo ou aloxamentos, entre outros, o que máis aproveitou esta área que lles permitiu establecer contactos, compartir experiencias, mostrar os seus produtos e articular colaboracións.

 

De entre todas estas visitas, pódese destacar o interese cada vez maior por un turismo baseado na sustentabilidade, así como a importancia da dixitalización, ámbitos nos que Galicia está a redobrar a súa aposta para adaptarse ás tendencias do mercado. Así mesmo, como proba da madurez e a profesionalidade que foi adquirindo o sector na nosa comunidade, apreciouse un crecente interese polo enoturismo, o turismo activo, o turismo termal ou o turismo familiar, áreas na que, sen dúbida, Galicia ten moito que dicir.

 

En canto aos contactos con outros países, destacamos os realizados con Xapón, Brasil, Polonia, México ou Francia para acordos de colaboración a nivel institucional e privado.

 

En base ao desenvolvemento de Fitur, reafírmanse as previsións de que 2022 será un ano que, grazas ao impulso do Xacobeo, permitirá que Galicia se achegue ao comportamento dun ano prepandemia, esperando que a recuperación do turismo internacional se produza a partir do verán.

21 de Xaneiro de 2022

Un Fitur por riba das expectativas e a celebración do Xacobeo 2022 auguran un ano de recuperación do turismo

Desde o Clúster de Turismo de Galicia valórase moi positivamente o desenvolvemento de Fitur, así como o elevado número encontros que se produciu no espazo de […]
21 de Xaneiro de 2022

Fegatur convida a gozar da sinfonía de abrazos que ofrecen os establecementos de turismo rural

Os responsables da Federación Galega de Turismo Rural presentaron en Fitur a súa nova campaña promocional.   A Federación Galega de Turismo Rural, Fegatur, presentou no […]
20 de Xaneiro de 2022

O Clúster de Turismo fai un balance positivo do 2021 e agradece o esforzo das administracións na mobilización de axudas

A entidade presidida por Cesáreo Pardal aposta pola sustentabilidade para atraer a un turismo de alto valor engadido.   Unha edición máis, o Clúster xestiona un […]
17 de Xaneiro de 2022

O Clúster Turismo de Galicia abrirá as presentacións no espazo de Galicia en Fitur

A posta de longo da campaña “Galicia, camiño da sustentabilidade” é a primeira actividade prevista no stand da Xunta tras o acto inaugural “Xacobeo 21-22. Camiña […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553
Página siguiente