[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

Co obxectivo de seguir mellorando na competitividade e modernización do tecido empresarial galego, a Xunta de Galicia impulsa unha nova edición do programa Responsabilízate, especialmente dirixido ás pequenas e medianas empresas que, en moitas ocasións, descoñecen as vantaxes de implantar a RSE nas súas empresas. Na primeira fase deste programa participaron un total de 127 empresas galegas das que o 98% recomendaron a participación na iniciativa.

Impulsado pola Secretaría Xeral de Emprego, o Programa Responsabilízate permite a implantación de modo gratuíto da Responsabilidade Social Empresarial que hoxe en día xa se considera como algo imprescindible tanto para contratar con clientes privados como co sector público, ademais de ser unha moi boa ferramenta de mellora e xestión interna dos recursos humanos. No caso particular do sector turístico, ademais, tense en conta o grao de impacto sobre a contorna, o que fai necesaria unha especial concienciación e un novo modelo de xestión empresarial baseado nunha xestión responsable e sustentable dos recursos.

Por este motivo empézase a desenvolver o concepto de turismo responsable que é aquel que satisfai as necesidades dos turistas e das rexións de destino, ao mesmo tempo que protexe e garante a actividade de face ao futuro, sendo o seu obxectivo final, o desenvolvemento socioeconómico da sociedade en xeral, para non ter un impacto ambiental, social e económico na zona que se visita.

Neste sentido, a Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria pon a disposición das pemes galegas e persoas autónomas que conten con polo menos un traballador por conta allea, o Programa Responsabilízate, unha iniciativa que lles axudará a implantar, de maneira totalmente gratuíta a RSE no seu modelo de negocio. A través do acompañamento real dun titor experto en RSE, o programa ofrece os servizos de diagnóstico do estado e potencial da RSE nas empresas, formación personalizada en materia de RSE e acompañamento na definición dun plan de acción e implantación das primeiras medidas a levar a cabo.

As solicitudes para adherirse a este programa realizaranse a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta, achegando a documentación esixida. A admisión publicarase na web do programa.

16 de Agosto de 2018

Aberto o prazo para participar no Programa Responsabilízache para a implantación da RSE nas empresas galegas

Co obxectivo de seguir mellorando na competitividade e modernización do tecido empresarial galego, a Xunta de Galicia impulsa unha nova edición do programa Responsabilízate, especialmente dirixido […]
14 de Agosto de 2018

A comunidade Presume de Galicia reactívase para buscar o novo superpresumidor do ano

Entre agosto e novembro Presume de Galicia volverá premiar aos mellores presumidores do mes e a un superpresumidor do ano entre aqueles que obteña máis votos […]
13 de Agosto de 2018

O Salón de Turísmo Gastronómico Xantar promociónase este mes de agosto en Portugal

Expourense participou na inauguración do 5º Festival dedicado ao Peixe Espada en Vila Praia de Âncora Xantar, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico, continúa estreitando lazos […]
08 de Agosto de 2018

A Deputación a Coruña promociona o seu seis geodestinos turísticos a través dunha campaña en liña

“Coruña Like” é o título da nova campaña promocional audiovisual coa que a área de Turismo da Deputación da Coruña quere animar a visitar o seu […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553
Página siguiente