[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

Co obxectivo de coñecer o comportamento do sector turístico galego durante a Semana Santa 2017, o Clúster de Turismo de Galicia realizou entre asociados sondaxes antes e despois deste período para recoller as súas expectativas para este primeiro fito do ano. Recolléronse as súas expectativas, sen valor estatístico, e os datos de ocupación solicitados por diferentes asociacións a posteriori e os resultados superaron as expectativas, cun crecemento catro puntos superior ao estimado nos días centrais de Semana Santa. Se comparamos estas cifras coa da Semana Santa do ano pasado, que foi en marzo, o crecemento foi de cinco puntos no conxunto da semana e de 10 nos días centrais . Así, se na sondaxe realizada na semana previa á Semana Santa os hoteleiros galegos cifraron nun 64% a ocupación esperada para o período comprendido entre o 10 e o 16 de abril (luns a domingo) e nun 85% a porcentaxe correspondente aos días que van desde o xoves 13 ata o domingo 16 de abril, finalmente estes indicadores eleváronse ata un 75,63% e un 91,62%, respectivamente.

Concretamente, segundo datos facilitados polos asociados ao Clúster de Turismo de Galicia, en poboacións como Sanxenxo, Santiago de Compostela e Lugo obsérvanse estatísticas moi positivas. No caso da primeira, rexistrou un 85,53% ao longo da semana, concentrándose o 69% das pernoctacións entre o xoves e o sábado. No caso de Compostela, a media de ocupación de xoves, venres e sábado foi dun 88,89%. Lugo, pola súa banda, rexistrou neste tres días un dato do 95,78%, que supón un incremento dun 8,87% respecto da Semana Santa de 2016.

Mellora da rendibilidade

A maior parte das reservas foron realizadas por turistas nacionais, elevándose esta porcentaxe do 85% previsto ata un 89% final. O bo tempo e o período vacacional escolar no noso territorio nacional axudou a incrementar as reservas. No tocante aos prezos, confirmouse a estimación previa de subida, o cal outorga máis valor cábese ao incremento da ocupación. Independentemente de tratarse de tempada alta, as tarifas incrementáronse. Pola súa banda, en canto ao emprego, en liñas xerais non se ampliaron os persoais, tendo lugar as novas contratacións principalmente por necesidades nos servizos de restauración. Moitos dos establecementos hoteleiros que abriron en Semana Santa permancerán xa abertos en previsión das boas expectativas de ocupación para a Ponte do 1 de maio e a proximidade do verán, beneficiados pola caída da Semana Santa en abril e non en marzo, como o ano pasado. En conclusión, a Semana Santa 2017 rexistrou uns resultados moi positivos, que superaron unhas previsións xa de seu optimistas.

18 de Abril de 2017

Satisfacción do sector cunha Semana Santa que superou as expectativas

Co obxectivo de coñecer o comportamento do sector turístico galego durante a Semana Santa 2017, o Clúster de Turismo de Galicia realizou entre asociados sondaxes antes […]
18 de Abril de 2017

Turismo sustentable, máis aló do eco friendly

Aínda que o concepto de sustentabilidade no ámbito turístico está habitualmente asociado ao turismo de natureza e ecofriendly, a OMT quere seguir dando pasos cara a […]
17 de Abril de 2017

Relatores de máximo nivel para o III Encontro Clúster Turismo de Galicia en Ourense

O III Encontro Clúster Turismo de Galicia, que se celebrará o próximo 27 de abril en Ourense, contará coa participación de expertos de máximo nivel e […]
12 de Abril de 2017

A Xunta instala catro grandes planisferios estelares nas Illas Atlánticas para seguir impulsando o turismo astronómico

Na súa aposta polo turismo astronómico a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, ven de instalar no Parque Nacional das Illas Atlánticas […]