[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

O presidente do Clúster Turismo de Galicia participou hoxe na presentación do selo “S de Sustentabilidade”, impulsado polo Instituto para a Calidade Turística de España.

 

Consolidar Galicia como un destino seguro, intelixente e sustentable desde o punto de vista ambiental, económico e social, é un dos obxectivos do Plan Director 2021-2023 Galicia Destino Seguro. Así o recordaba hoxe o presidente do Clúster Turismo de Galicia na presentación da “S” de Sustentabilidade, organizada polo Instituto para a Calidade Turística de España (ICTE), e na que participaron o seu director xeral, Fernando Fraile, e a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro.

 

O novo selo do ICTE, presentado hoxe na Escola Galega de Administración Pública, ofrece ás empresas do sector turístico unha ferramenta para acadar a implantación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS). É o terceiro selo co que contará o ICTE tras a ‘Q’ de Calidade Turística e o certificado Safe Tourism, presentado no 2020.

 

Na súa intervención o presidente do Clúster Turismo sinalou que “a sustentabilidade é o eixo da estratexia turística para Galicia que compartimos desde o ámbito público e privado. É a única posible agora e no futuro, se queremos un futuro para o turismo”. Por iso subliñou que “o desenvolvemento sustentable é unha responsabilidade que todas as empresas temos que asumir ao formar parte da comunidade. É ademais un dos obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da Axenda 2030 da ONU”.

 

Cesáreo Pardal destacou que a aposta de Galicia pola sustentabilidade non é recente “pero si que a estamos reforzando desde unha estreita colaboración público-privada con iniciativas como o Club de Produto Sustentable, no marco do convenio subscrito entre o Clúster e a Axencia Turismo de Galicia, ou a través dos diferentes Plans de Sustentabilidade en destino que está a desenvolver a Administración autonómica co apoio dos fondos Next Generation.”

 

O presidente do Clúster Turismo de Galicia sinalou a súa confianza en que este tipo de iniciativas contribúan a que Galicia sume ‘S’ de Sustentabilidade así como na capacidade das empresas, que xa demostraron como o seu esforzo pola calidade tivo recompensa. De feito, Galicia é  a segunda comunidade con máis selos Q na clasificación estatal superando os 300 e a primeira en incrementar o número de Q recibidas o último ano. Unha calidade e un esforzo que permitiron o ano pasado situar á comunidade nos postos de cabeza da recuperación do turismo en toda España, con algo máis de 4,2 millóns de viaxeiros aloxados e preto de 9 millóns de noites no conxunto de aloxamento regulados, ademais de 180.000 Compostelas, 40.000 máis das esperadas para pechar o Camiño de Santiago en 2021.

28 de Marzo de 2022

Cesáreo Pardal destaca que a sustentabilidade marca a folla de ruta do sector turístico galego

O presidente do Clúster Turismo de Galicia participou hoxe na presentación do selo “S de Sustentabilidade”, impulsado polo Instituto para a Calidade Turística de España.   […]
27 de Marzo de 2022

As Xornadas de Portas Abertas das Rutas do Viño de Galicia aseguran a súa continuidade ata o 2025

A Xunta acaba de aprobar a firma de senllos convenios de colaboración coas cinco rutas, que recibirán un total de 390.000 euros para financiar unha actividade […]
24 de Marzo de 2022

Nova convocatoria para que os autónomos e as empresas do rural accedan a Internet con banda larga ultrarrápida

Aqueles profesionais ou negocios que teñan unha velocidade inferior a 30 megas poderán beneficiarse de axudas de ata 20.000 euros para dotarse dese servizo.   Os […]
23 de Marzo de 2022

Máis dun centenar de proxectos turísticos optan a participar na segunda edición de Turislab

A aceleradora de startups da Xunta rexistrou un 40 % máis de candidaturas que o ano pasado.   A segunda edición da aceleradora de startups turísticas […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553
Página siguiente