[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

Moncho Bargo á fronte de Pracer, un proxecto que el mesmo define como unha barra de cociña canalla e viaxeira, foi considerado polo xurado co mellor proxecto hostaleiro do ano e, por tanto, acredor da segunda edición do Premio Incitus. Os chefs Marcos Morán (Casa Gerardo), Pepe Solla (Casa Solla) e Xoán Crujeiras (Bido, A Estación de Cambre) foron os encargados de facer entrega do premio a taberna coruñesa nunha gala celebrada na Finca Montesqueiro na que puxo en valor, unha edición malas, ao sector hostaleiro galego e o seu afán pola innovación e o emprendimiento.

Tres eran os finanlistas que disputaban o premio ao superar con éxito o proceso de mentorización da iniciativa Incitus: Casa da Ponte Vella, aloxamento histórico destinado aos peregrinos en Sobrado dos Monxes, a cafetaría temática de automóbiles GT Coffee Scudería, en Vigo, e a gastrotaberna coruñesa, que foi quen finalmente se fixo co recoñecemento ao seu proxecto, unha tasca restaurante con ambiente alternativo e boa música. A súa proposta baséase nunha cociña sen carta con produtos de tempada fusionando receitas de aquí e de fóra. Coruña vólvese a alzar así co premio, xa que o anterior gañador, Gonzalo Somoza, abrirá tamén en Coruña Koh Lanta, unha taberna vietnamita.

07 de Febreiro de 2017

A gastrotaberna canalla e viaxeira Pracer de Coruña gaña o II Premio Incitus

Moncho Bargo á fronte de Pracer, un proxecto que el mesmo define como unha barra de cociña canalla e viaxeira, foi considerado polo xurado co mellor […]
06 de Febreiro de 2017

Rías Baixas sitúase á cabeza das Rutas do Viño de España en xestión e planificación

A Asociación de Rutas do Viño de España sitúa á única ruta galega amparada en ACEVIN á cabeza das 27 Rutas do Viño de España en […]
02 de Febreiro de 2017

Turismo de Galicia abre unha liña de axudas a pequenos operadores turísticos para o fomento de novos produtos

Co obxectivo de fomentar a cooperación entre pequenos operadores turísticos para o deseño, promoción e comercialización de produtos turísticos en Galicia, Turismo de Galicia habilitou unhas […]
02 de Febreiro de 2017

Xantar celebra a súa edición máis internacional con Panamá como país invitado

Máis de 200 actividades enogastronómicas converten a Xantar nunha cita anual imprescindible coa gastronomía. O Salón Internacional do Turismo Gastronómico, que se celebra en Ourense entre […]