[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

As dúas partes asinarán un convenio que permitirá destinar 1,5 millóns de euros durante os próximos 3 anos á realización de campañas, a participación en feiras e congresos, e a creación de produtos turísticos.

 

A Xunta volve depositar a súa confianza no Clúster Turismo de Galicia como entidade crave para o desenvolvemento do sector na comunidade. Así se materializará no convenio de colaboración entre as dúas partes que foi autorizado na reunión do Consello da Xunta celebrada o venres 10 de decembro. O acordo prevé que a Xunta realice unha achega de 1,5 millóns de euros, que se repartirán en tres anualidades de 500.000 euros para os exercicios 2022, 2023 e 2024.

 

Ese diñeiro permitirá o Clúster traballar para alcanzar os obxectivos do Plan Director 2021-2023 Galicia Destino Seguro que elaboraron a Xunta, o propio Clúster e as tres universidades galegas e cuxos piares clave son a seguridade, a sustentabilidade e a calidade. O convenio permitirá á entidade que preside Cesáreo Pardal promocionar e comercializar Galicia como destino turístico seguro, tanto no mercado nacional como no internacional, recuperar a confianza dos viaxeiros e fomentar a elección desta terra por parte do novo consumidor xurdido por mor da pandemia da covid.

 

Entre as accións previstas figuran a posta en marcha de campañas publicitarias, a participación en feiras, congresos, exposicións e outros eventos similares, e a creación e consolidación de produtos turísticos. Tamén se promoverán viaxes de familiarización e workshops, e apoiaranse proxectos de márketing en liña que axuden a sacar proveito das novas tecnoloxías na difusión da oferta turística galega. Ademais, o Camiño de Santiago xogará un papel importante nestas accións como elemento diferenciador e eixo vertebrador e estratéxico da marca Galicia.

13 de Decembro de 2021

A Xunta confía ao Clúster Turismo de Galicia a promoción da comunidade como destino seguro e a procura de novos consumidores

As dúas partes asinarán un convenio que permitirá destinar 1,5 millóns de euros durante os próximos 3 anos á realización de campañas, a participación en feiras […]
11 de Decembro de 2021

A Aceleradora de Proxectos Turísticos da Xunta premia catro proxectos innovadores

O presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, participou na entrega de galardóns e diplomas da primeira promoción de Turislab.   O labor da Aceleradora de Proxectos Turísticos, […]
10 de Decembro de 2021

Ampliados ata o 17 de decembro os prazos de dúas subvencións postcovid para a hostalería

Os establecementos beneficiarios dispoñen dunha semana máis para xustificar a execución dos seus proxectos de equipamentos e dixitalización.   Os responsables dos establecementos de hostalería que […]
09 de Decembro de 2021

A plataforma de reservas Vitgal.es permitirá buscar aloxamentos nas distintas rutas do Camiño de Santiago

A Xunta e a Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia colaborarán en materia de promoción e regularización.   O vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, […]