[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

Representantes da Universidade de Santiago de Compostela, profesionais do sector, expertos en sustentabilidade e antigos alumnos participaron na primeira reunión do Comité de Expertos posto en marcha pola Xunta de Galicia para avanzar no deseño do novo grao de innovación gastroómica e xestión hostaleira que se comezaría a impartir no curso 2021-2022.

Para a consecución deste obxectivo o Goberno galego dedica máis de 1,6 millóns de euros para mellorar as instalacións e crear un viveiro de empresas no Centro Superior de Hostalaría de Galicia, ademais de contar coa implicación directa do sector a través do sistema de formación dual. Neste sentido o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, que presidiu este primeiro comité de expertos, destacou que nos últimos meses fixéronse diferentes consultas aos sectores facendo un traballo conxunto no que se concluíu a necesidade de apostar pola innovación e a sustentabilidade e de traballar directamente co sector. “Apostamos por un perfil híbrido, con formación en gastronomía e xestión hostaleira, e por un sistema de formación dual no que os alumnos teñen contacto cos profesionais do sector”, detallou.

A reunión para seguir avanzando neste deseño foi un encontro multidisciplinar no que, ademais do conselleiro e da directora de Turismo, tamén participaron expertos da Universidade de Santiago de Compostela, antigos alumnos do Centro Superior de Hostalaría de Galicia, representantes do Clúster de Turismo e do Clúster Alimentario e responsables de cadeas hoteleiras como Carrís Hoteles, Oca Hoteles, Meliá Hoteles e Intercontinental Hotels. Tamén estiveron cociñeiros como Pepe Solla, Javi Olleros e Francisco Pérez ou representantes do sector innovación, da Fundación Dieta Atlántica ou expertos en sustentabilidade e economía circular.

11 de Febreiro de 2020

Expertos manteñen o primeiro encontro para avanzar no deseño do novo grao de innovación gastronómica e xestión hostaleira do CSHG

Representantes da Universidade de Santiago de Compostela, profesionais do sector, expertos en sustentabilidade e antigos alumnos participaron na primeira reunión do Comité de Expertos posto en […]
10 de Febreiro de 2020

Xantar 2020 pecha cun maior número de expositores, superficie ocupada e visitas

A feira gastronómica superou a ocupación de superficie expositiva doutras edicións e foi maior o éxito de afluencia de público que participou nos seus máis de […]
07 de Febreiro de 2020

Xacobeo en Camiño levará a programación do Ano Santo a toda Galicia a partir de maio

A programación inclúe máis de 1000 de actividades familiares e infantís no ámbito da música, artes escénicas, cultura tradicional e de base, enogastronomía, exposicións e obradoiros […]
05 de Febreiro de 2020

Xantar 2020 destaca o papel da enogastronomía na dinamización da contorna rural

Esta cita internacional apoia a Candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da UNESCO Presenta máis de 150 experiencias entre as que destacan os showcookings que […]