[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

O convenio asinado entre o Goberno central, a Xunta e a Deputación permitirá desenvolver o plan de sustentabilidade turística.

 

O proxecto para promocionar Ourense como un destino turístico sostible aproveitando o seu patrimonio e potencial termal e, ao mesmo tempo, levar a cabo unha experiencia piloto que sirva para impulsar outras estratexias innovadoras de desenvolvemento local e rural baseadas tamén no termalismo acaba de recibir un importante pulo. O Goberno central, a Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense asinaron xa o convenio para executar o Plan de Sustentabilidade Turística en Ourense Termal dotándoo cunha achega económica de algo máis de 3 millóns de euros, tal como aw recolle no Boletín Oficial do Estado do 28 de decembro.

 

Entre as actuacións previstas neste convenio figuran a construción en Ourense da sede do Observatorio Mundial de Termalismo, a posta en funcionamento dun ecobarco termal, a creación dun miniparque termal lúdico-pedagóxico, a comercialización de produtos coa imaxe de Ourense Termal, o desenvolvemento de programas de mellora da competitividade e a formación no sector, a mellora de infraestruturas, e a elaboración dun plan de márketing turístico con accións como rutas de carreiros termais e viaxes de familiarización.

 

O acordo alcanzado entre as tres administracións detalla que o Goberno Central como a Xunta realizarán senllas achegas de 1.350.000 euros a través, respectivamente, da Secretaría de Estado de Turismo e da Axencia Turismo de Galicia, con cargo xa ao exercicio 2021, mentres que a Deputación completará o investimento previsto con dúas achegas para os anos 2022 (por importe de 133.000 euros) e 2023 (os 266.000 euros restantes).

30 de Decembro de 2021

Tres millóns de euros para impulsar Ourense como destino termal

O convenio asinado entre o Goberno central, a Xunta e a Deputación permitirá desenvolver o plan de sustentabilidade turística.   O proxecto para promocionar Ourense como un destino […]
28 de Decembro de 2021

Galicia celebrará o seu primeiro Congreso da Paisaxe e da Infraestrutura Verde no 2022

A cita, promovida pola Xunta, enmarcarase nas actividades do Xacobeo 21-22   A paisaxe constitúe un dos grandes atractivos e patrimonios de Galicia. A súa protección […]
26 de Decembro de 2021

Galicia volve subir posicións entre os destinos preferidos polos turistas españois

No terceiro trimestre deste ano situouse como a quinta comunidade máis visitada mellorando tanto as porcentaxes da primavera como as do mesmo período do 2020 e […]
23 de Decembro de 2021

A convocatoria extraordinaria dos plans de sustentabilidade turística en destino financiará 13 proxectos en Galicia con 30 millóns de euros

As actuacións aprobadas na conferencia sectorial centraranse na potenciación da costa como reclamo para o turismo.   Galicia recibirá un total de 29,3 millóns de euros […]