[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

A administración autonómica prevé que a iniciativa beneficiará a máis de 12 mil persoas nos dous próximos anos

Co obxectivo de promover o turismo interno, desestacionalizar a ocupación hostaleira e favorecer o mellor coñecemento da comunidade, a Xunta de Galicia decidiu lanzar o programa Elixe Galicia, un programa de estadías turísticas e de lecer financiadas pola entidade autonómica e das que serán beneficiarias os menores de 30 anos, familias con fillos menores e persoas maiores de 55 anos, o que suporá que a iniciativa beneficiará a 12.800 persoas entre 2020 e 2021, segundo os cálculos da Xunta.

O programa, que contará cun orzamento de 1,6 millóns de euros para financiar o 40% das estadías en provincias distintas ao lugar de orixe, consta de catro modalidades: Vacacións en zonas costeiras, Rutas de patrimonio histórico e cultural, Rutas de natureza e montaña e Estancias en balnearios

A modalidade Vacacións en zonas costeiras ofertará 6.700 prazas os próximos dous anos, terá unha duración de 5 días e catro noites, o aloxamento será en hoteis de 3 estrelas ou superior e incluirá un mínimo de 3 visitas ou actividades de medio día.

No caso das Rutas de patrimonio histórico e cultural, con 2.500 prazas dispoñibles entre 2020 e 2021, terán unha duración de 3 días e 2 noites, o aloxamento será en hoteis de, como mínimo, 2 estrelas, contará con servizos de guía e incluirá visitas culturais con relevancia histórico-artística.

Pola súa banda, as Rutas de natureza e montaña ofertarán outras 2.500 prazas os próximos dous anos e durarán 3 días e dúas noites en hoteis de 2 estrelas ou superior. Ademais de contar con servizos de guía especializado, realizaranse 2 excursións ou actividades de sendeirismo e/ou turismo activo.

Por último, no caso das Estadías en balnearios, a duración será de 5 días e 4 noites en aloxamentos de 2 estrelas ou superior a unha distancia non superior a 20 quilómetros do balneario, talaso ou establecemento de saúde e benestar. O programa incluirá, ademais dun acceso diario ao establecemento, un tratamento por persoa e estancia sen custo adicional así como prezos especiais reducidos para outros tratamentos. Tamén terá un mínimo de dúas excursións.

A maiores, todas as modalidades inclúen transporte desde as 7 cidades galegas.

No que respecta ao desenvolvemento do programa, o primeiro paso será a contratación dos servizos mediante concorrencia competitiva e será no primeiro semestre de 2020 cando se abra a convocatoria. A saída inaugural está prevista para marzo despois de realizar a selección dos beneficiarios por sorteo con reserva de prazas para colectivos especiais como familias numerosas, persoas con discapacidade ou baixos ingresos.

12 de Novembro de 2019

A Xunta de Galicia lanza o programa Elixe Galicia orientado a impulsar o turismo interno

A administración autonómica prevé que a iniciativa beneficiará a máis de 12 mil persoas nos dous próximos anos Co obxectivo de promover o turismo interno, desestacionalizar […]
11 de Novembro de 2019

A cerimonia de entrega de galardóns celebrarase no Teatro Rosalía de Castro da Coruña o próximo 3 de decembro.

A primeira edición dos Premios Galicia de Turismo, convocados polo Clúster Turismo de Galicia en colaboración coa Xunta de Galicia, contará como mestre de cerimonias co […]
07 de Novembro de 2019

A Coruña e Santiago reciben a un grupo de hosted buyers do sector MICE que coñecerán os seus recursos e reuniranse con empresarios locais

O martes 12 celebrarase a Festa do Sector MICE de Galicia, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia O Clúster Turismo de Galicia, co apoio […]
06 de Novembro de 2019

Galicia acolleu o Congreso Internacional sobre Desenvolvemento Rural e Turismo no que participa a FAO

A Cidade da Cultura acolleu durante tres días o Congreso Intenacional sobre Desenvolvemento Rural e Turiso no tomaron parte representantes de máis de 20 países baixo […]