[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

  • O Club de Produto facilita a captación de turistas, incrementa a visibilidade dos asociados e mellora o seu posicionamento, facéndoos máis competitivos.
  • A plataforma, impulsada polo Clúster e Xunta coa vocación de integrar a oferta turística sostible de Galicia, suma máis de 90 empresas adheridas e 140 experiencias.

O Clúster Turismo de Galicia presentou hoxe ás empresas que integran a Ruta do Viño Rías Baixas a iniciativa ‘Galicia Destino Sostible’. Este club de produto, impulsado polo Clúster e a Xunta de Galicia como un hub para integrar toda a oferta turística sostible da Comunidade, ten adheridas máis de 90 empresas e integra 140 experiencias na súa web.

 

O presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, xunto con outros integrantes da entidade, expuxeron esta mañá na sede da D.O Rías Baixas as vantaxes de adherirse a Galicia Destino Sostible. O club de produto ofrece ás empresas unha canle de captación de turistas interesados e actividades turísticas sostibles; incrementa a súa visibilidade, grazas á promoción e difusión da súa oferta a nivel nacional; reforza a súa credibilidade, ao contar co aval do club para os atributos de calidade e sostibilidade; conta co apoio institucional da Xunta e facilita o acceso ao financiamento público e á formación técnica en sostibilidade; e facilita a busca de alianzas e socios estratéxicos para desenvolver novos produtos.

 

 

Plan de acción do Club

 

O plan de acción anual do club de produto abrangue diferentes actividades de promoción e comercialización. En 2023 desenvolveuse unha campaña de promoción en colaboración con Turespaña dirixida ao mercado estadounidense; así como viaxes de familiarización e prescrición con medios nacionais e internacionais; e actividades de formación e apoio á certificación da S de Sostibilidad. En 2024 está prevista a participación en diferentes feiras e workshops; porase en marcha unha nova campaña de cooperación con Turespaña, e darase continuidade á formación e ao asesoramento na certificación. Ademais buscarase o aproveitamento de sinerxias con outras entidades que aporten valor engadido ao club e crearanse grupos de traballo e escoita.

 

Adhesión

 

Para adherirse a Galicia Destino Sostible as empresas teñen que cumprir a lo menos un requisito habilitante (certificación de sustentabilidade; Fair´n Green; Estrela Verde da Guía MICHELIN; pertenza ao proxecto Turismo Slow Norte de Galicia, ou ao Club de produto Ecoturismo de España ou una certificación ambiental: ISO 14000, EMAS, etc.) ou ben o 100% dos obrigatorios e un 33% dos valorables.

 

A adhesión pode solicitarse a través da web galiciadestinosostible.com. Unha vez que o comité asesor acepte a adhesión, a empresa xestionará as súas ofertas desde o portal e gozará das vantaxes de pertencer ao club de produto de xeito gratuíto.

 

Ruta do Viño Rías Baixas

 

A Ruta do Viño Rías Baixas ten máis de dúas décadas de historia e conta cun centenar de asociados que  ofrecen multitude de opcións para descubrir o mundo do viño. Visitas a bodegas, e catas acompañadas de actividades complementarias e contornas singulares que configuran un oferta enoturística de calidade.  A Ruta do Viño Rías Baixas é único itinerario galego incluído no selecto club dos Roteiros do Viño de España e na Guía de Roteiros Enológicas Accesibles para Todas as Persoas editada pola Plataforma Representativa Estatal de Persoas con Discapacidade Física (PREDIF).

 

24 de Abril de 2024

O Clúster de Turismo presenta a iniciativa ‘Galicia Destino Sostible’ ás empresas que integran a Ruta do Viño Rías Baixas

O Club de Produto facilita a captación de turistas, incrementa a visibilidade dos asociados e mellora o seu posicionamento, facéndoos máis competitivos. A plataforma, impulsada polo […]
23 de Abril de 2024

Galicia, destino turístico menos masificado de España

Unha recente enquisa de YouGov destaca a Galicia coma o destino menos concorrido de todo o territorio nacional, co 21% dos votos. Segundo unha recente enquisa […]
23 de Abril de 2024

AGETAN organiza o II Congreso de Turismo de Observación de Galicia

O encontro terá lugar do 10 ao 12 de maio na illa de San Simón. As inscricións están abertas ata o domingo, 5 de maio. O […]
23 de Abril de 2024

A Festa da Filloa de Lestedo, declarada de Interese Turístico Nacional

Con esta nova incorporación, Galicia suma 10 festividades con este recoñecemento. A Festa da Filloa de Lestedo vén de ser declarada Festa de Interese Turístico Nacional. […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553
Página siguiente