[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

Atende o incidente de nulidade presentado no mes de novembro polo Goberno galego ao entender que se vulnerou o seu dereito á tutela xudicial efectiva

O Tribunal Supremo dá a razón á Xunta de Galicia en referencia ao seu decreto sobre as vivendas de uso turístico, dándolle así plena vixencia ao decreto galego que establece que o aluguer deste tipo de aloxamentos turísticos debe realizarse na súa totalidade e non por estancias

A sentenza do alto tribunal dá así a razón ao Goberno galego, que aplaude este fallo xudicial que vén a anular a sentenza emitida o pasado mes de outubro, na que invalidaba un dos aspectos da norma galega para este tipo de aloxamentos, o relativo ao aluguer por habitacións.

O Executivo autonómico presentou en novembro un incidente de nulidade despois de entender que se vulnerou o seu dereito á tutela xudicial efectiva, dado que a sentenza pretendía anular un artigo do decreto 12/2017 que xa estaba contido previamente na lei 7/2011. Agora o Alto Tribunal atende as reclamacións formuladas desde Galicia e anula o fallo emitido. Ao mesmo tempo, desestima as alegacións presentadas por parte da Avogacía do Estado.

Esta decisión supón o respaldo ao defendido pola Xunta nas últimas semanas e dá plena vixencia á nosa normativa sobre o aluguer turístico. En base a isto, tanto as vivendas turísticas como as vivendas de uso turístico deben sempre comercializarse pola totalidade da vivenda e non por estancias, como reclama a Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC), que vén presentando distintos recursos fronte á normativa galega.

08 de Xaneiro de 2020

O Tribunal Supremo dá a razón á Xunta de Galicia e anula a sentenza sobre as vivendas de uso turístico

Atende o incidente de nulidade presentado no mes de novembro polo Goberno galego ao entender que se vulnerou o seu dereito á tutela xudicial efectiva O […]
08 de Xaneiro de 2020

A pioneira Lei de aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia entrará en vigor no mes de febreiro

Tras a súa publicación no Diario Oficial de Galicia como Lei 8/2019 de 23 de decembro, de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia, […]
07 de Xaneiro de 2020

Balance da actividade inspectora de Turismo de Galicia nos pisos turísticos

A directora de Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, repasou os datos que mostran a presenza das vivendas de uso turístico na nosa Comunidade e […]
07 de Xaneiro de 2020

A Xunta intensificará os controis sobre as vivendas de uso turístico tras a entrada en vigor dos cambios na súa regulación

Os propietarios deberán incorporar o seu número de rexistro nas plataformas online nas que se oferten e remitir trimestralmente os seus datos de ocupación Tras a […]