[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

Impulsada polos Galp das Rías Baixas, o encontro celébrase o 24 e 25 de setembro no marco do proxecto de cooperación Mar dás Illas

Os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Ría de Pontevedra, Ría de Arousa e Ría de Vigo-A Guarda impulsa a celebración o 24 e 25 de setembro da I Xornada Internacional de Turismo Mariñeiro e Pescaturismo no marco do proxecto de cooperación Mar das Illas. A xornada consta de dúas sesións: a primeira, o 24, na que se desenvolve un congreso no Pazo da Cutura de Pontevedra e ao que poden asistir de maneira presencial até 30 persoas, todas elas participantes do proxecto Mar dás Illas e unha segunda sesión, o 25, que consistirá nunha visita guiada ao Parqrue Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

O obxectivo da xornada é ofrecer unha visión do estado das actividades de turismo mariñeiro e pescaturismo a nivel estatal e europeo, achegando exemplos de proxectos que se están desenvolvendo, ademais de visibilizar o camiño percorrido polo proxecto Mar das Illas. Ademais, o simposio tamén servirá de punto de encontro e debate para as persoas implicadas no desenvolvemento do turismo mariñeiro e pescaturismo nun congreso no que participarán diversos profesionais do turismo mariñeiro así como persoal das distintas administracións a nivel autonómico, nacional e europeo. Aínda que presencialmente e na visita ás Illas Atlánticas só participarán unha trintena de persoas, o congreso poderá seguirse vía streaming, previo rexistro.

O proxecto de cooperación Mar dás Illas
Ademais do tres GALP, o proxecto de cooperación Mar dás Illas conta como colaboradores co Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (PNMTIAG), a Federación Provincial de Confrarías de pescadores de Pontevedra e a asociación Mar Seguro de Galicia. O seu obxectivo é promover a actividade do turismo mariñeiro e a pescaturismo entre o colectivo de mariñeiros nas Rías Baixas de Galicia, especialmente no ámbito do PNMTIAG, a través da súa formación como guías acreditados de turismo mariñeiro no ámbito do Parque Nacional. De feito no trascurso das diferentes fases do proxecto formáronse 150 profesionais do mar como Guías Acreditados en Turismo Mariñeiro e Pescaturismo no ámbito do Parque Nacional. Ademais elaboráronse distintos manuais de formación, protocolos de actuación e Códigos de Boas Prácticas, e levaron a cabo diversas xornadas de divulgación, con expertos na materia.

Seis proxectos pilotos
Mar das Illas atópase agora nunha terceira fase na que, ademais da formación, deuse un paso máis, con tutoríaspersonalizadas para todos os profesionais que decidiron emprender na actividade. Ademais, do conxunto de proxectos presentados, elixíronse seis deles para polos en marcha, tres de turismo maniero a pé e outro tres de pescaturismo, co obxectivo de ensaiar e avaliar as actividades programadas así como os protocolos establecidos de atención ao público, seguridade, Covid-19,e integración da diversidade funcional e que, aos poucos, iranse dando a coñecer á cidadanía a través de diferentes actividades.

Formulario inscrición

 

PROGRAMA

22 de Setembro de 2020

Pontevedra acolle a I Xornada Internacional de Turismo Mariñeiro e Pescaturismo

Impulsada polos Galp das Rías Baixas, o encontro celébrase o 24 e 25 de setembro no marco do proxecto de cooperación Mar dás Illas Os Grupos […]
22 de Setembro de 2020

Sanxenxo consegue unha ocupación media do 54% no conxunto dunha tempada alta atípicamente curta pero que os empresarios valoran positivamente

A ocupación corresponde á media de xullo, agosto e a primeira quincena de setembro, unha tempada alta máis curta do habitual durante a que estiveron en […]
21 de Setembro de 2020

A Xunta e o Clúster de Turismo de Galicia coinciden na importancia de potenciar a marca Galicia como destino seguro

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta mañá no Real Club Náutico de Sanxenxo un primeiro encontro co Consello Executivo do Clúster Turismo de […]
21 de Setembro de 2020

Un descanso nos Camiños busca consolidar a proposta a través da súa difusión a través de congresos e showcookings

Co obxectivo de conseguir a consolidación, posicionamento, difusión e impulso á comercialización do produto turístico denominado “Un descanso nos Camiños”, programa que organiza estancias en Balnearios […]