[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

A regulación da Xunta ten como obxectivo evitar prácticas fraudulentas e competencia desleal entre o sector do taxi e dos vehículos VTC

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle a orde pola que se regulan os distintivos de identificación dos vehículos dedicados á actividade de arrendamento de vehículos con condutor/a ( VTC) cuxa autorización se atope domiciliada en Galicia e que será obrigatorio desde maio en todos os vehículos VTC con títulos habilitantes domiciliados en Galicia no prazo de dous meses desde a entrada en vigor desta orde.

A Xunta dá así un paso máis no cumprimento da Lei 4/2013, de 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia, co obxectivo de garantir a seguridade xurídica dos sectores do taxi e dos vehículos VTC, co obxectivo de velar pola calidade do servizo que reciben os usuarios e evitar prácticas fraudulentas, así como a competencia desleal entre os dous colectivos.

Neste sentido, os vehículos VTC portarán un distintivo que consistirá nun autoadhesivo tanto na parte dianteira como na traseira. A numeración e ano que figuran no distintivo da dianteira fai referencia ao mes e ao exercicio nos que o titular deberá proceder ao próximo visado do título administrativo habilitante.

Os distintivos deberán colocarse na parte superior dereita da lúa dianteira e na parte inferior esquerda da lúa traseira do vehículo, respectivamente, de forma que resulten visibles desde o exterior sen interferir, en ningún caso, a visibilidade do condutor.

Estas identificacións serán emitidas xunto co otorgamiento de novas autorizacións VTC, substitución de vehículos, ou visado periódico, logo do pago da taxa correspondente, cuxo xustificante deberá presentarse a través dos formularios na da Sede electrónica da Xunta ou da aplicación “SitranGestión”.

06 de Marzo de 2019

Publicada a normativa sobre o uso dos distintivos de identificación dos VTC, que serán obrigatorios a partires de maio

A regulación da Xunta ten como obxectivo evitar prácticas fraudulentas e competencia desleal entre o sector do taxi e dos vehículos VTC O Diario Oficial de […]
05 de Marzo de 2019

Nova oficina de turismo no aeroporto de Santiago

Santiago de Compostela estrea nova oficina de turismo, situada no vestíbulo de chegadas do Aeroporto de Lavacolla. Trátase dunhas instalacións cunha superficie de 100 m² que […]
04 de Marzo de 2019

A comarca de Ferrolterra acolle unha xornada profesional orientada a mellorar a comercialización de empresas de turismo activo

Normativa, comercialización e información sobre axudas e subvencións serán algúns dos aspectos que se abordarán na xornada que o próximo 7 de marzo acollerá o Cámping […]
01 de Marzo de 2019

A Coruña presenta un informe que avala o comportamiento positivo do sector e o perfil dos seus visitantes

O Consorcio de Turismo de Coruña presentou as principais conclusións do informe sobre comportamento turístico elaborado en colaboración coa Escola de Turismo da Coruña. Entre os […]