[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

A apertura da liña do AVE ata Ourense e iniciativas como os Trens Turísticos de Galicia fan que este medio de transporte gañe peso no ámbito turístico.

 

O tren volve converterse nun medio de transporte de gran interese para os visitantes que se achegan a Galicia e tamén para os galegos que queren descubrir e gozar da súa terra. No caso dos primeiros, a apertura do liña do AVE que une Madrid con Ourense non só aumentou as opcións de transporte de quen ten que viaxar por motivos diversos entre a capital española e Galicia, e viceversa, senón que se traduciu nun incremento directo do fluxo turístico repercutindo de maneira positiva nas cidade das Burgas.

 

Durante a pasada Semana Santa foron moitos os visitantes que aproveitaron o AVE para desprazarse desde Madrid e Galicia. Esa avalancha de visitantes chegados por tren tivo un reflexo directo nos bos datos de ocupación dos hoteis de Ourense, que superaron os 5.000 viaxeiros, cifra récord non só con respecto aos anos anteriores durante ese mesmo período festivo, senón tamén en relación a calquera outro mes (salvo agosto) de exercicios pasados. Agora, xa comezada a tempada estival, a esperanza do sector turístico é que esta dinámica se confirme e consolide.

 

Pero o AVE non é a única alternativa ferroviaria que ten quen quere gozar de Galicia coa axuda do ferrocarril. Un ano máis, a Xunta a través da Axencia Turismo de Galicia e Renfe colaboran, xunto co Inorde, para poñer ao seu alcance os Trens Turísticos de Galicia e convidalos a gozar de moitos dos atractivos de Galicia con percorridos temáticos: Faros, Pazos e xardíns, Ribeira Sacra Sil, Ribeira Sacra Miño, Valdeorras-Ribeira Sacra, Rías Baixas, O Ribeiro-Rías Baixas, Monterrei, Lamprea, Mosteiros, Camiños de Santiago, Roteiro dos queixos, e As Mariñas.

 

As viaxes comezaron o pasado 4 de xuño e sucederanse todos os sábados ata o 15 de outubro con prezos polo billete para cada xornada de 45 euros para os adultos e 20 euros para os nenos de entre 3 e 13 anos. Os billetes dan dereito a realizar o percorrido de ida e volta en tren desde a cidade de inicio de cada ruta (A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Ourense e Pontevedra), así como dispoñer dun servizo de autobús para desprazarse desde as estacións do itinerario ata os puntos de interese e do acompañamento dun guía.

10 de Xullo de 2022

O turismo sobe ao tren para gozar de Galicia

A apertura da liña do AVE ata Ourense e iniciativas como os Trens Turísticos de Galicia fan que este medio de transporte gañe peso no ámbito […]
09 de Xullo de 2022

O turismo de cruceiros en Galicia supera xa as cifras prepandemia

Os 77.000 pasaxeiros rexistrados no primeiro cuadrimestre deste ano permiten superar nun 16 % o anterior récord.   O turismo de cruceiros regresou con forza aos […]
07 de Xullo de 2022

O verán do turista español: máis gasto e predilección polas viaxes nacionais e os hoteis e apartamentos

A enquisa do Observatorio Cetelem prevé que o desembolso medio por persoa crecerá un 17 % con respecto ao 2021 e alcanzará os 1.184 euros.   […]
05 de Xullo de 2022

O 11 de xullo A Xunta e o Cluster presentarán “Galicia Destino Sostible”

Trátase dunha produto para promocionar Galicia como destino sostible desde o punto de vista social, económico y medioambiental.   En 2019, un 87% declararon que queren […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559
Página siguiente