[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

A directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou a iniciativa ás entidades locais beneficiarias cun acto no que tamén tomo a palabra o presidente do Clúster, Cesáreo Pardal.

 

Inclúe 3 tres Actuacións de Cohesión en Destino (ACD), 11 Plans de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD), impulsados por entidades locais, e 2 PSTD nacionais. 

 

Salvaterra de Miño foi o municipio elixido pola Axencia Turismo de Galicia para realizar a presentación do Plan Territorial de Sustentabilidade Turística de Enogastronomía de Galicia, recentemente aprobado pola Conferencia Sectorial de Turismo a proposta da Xunta. O acto, presidido por Nava Castro, permitiu ás entidades locais beneficiarias coñecer os detalles desta iniciativa que composta por tres Actuacións de Cohesión en Destino (ACD), cun investimento de 14,9 millóns de euros, e 11 Plans de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD), impulsados por entidades locais, que recibirán un total de 17 millóns de euros, ademais de dous PSTD nacionais que contan con 2,6 millóns de euros.

 

O presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, tamén estivo presente no acto e tomou a palabra para reivindicar a importancia da sustentabilidade como elemento central da folla de ruta do sector para asegurar o seu futuro e o desenvolvemento do territorio. Ademais, reiterou que a colaboración entre o sector público e o privado é clave tamén para lograr estes obxectivos.

 

As ACD previstas inclúen a actuación en aloxamentos con encanto en destinos enogastronómicos para permitir a realización de experiencias, a creación de Galicia Gastro Experience como centro de referencia para a mellora da enogastronomía turística, e a posta en marcha dunha rede de mobilidade en vehículos eléctricos nas cinco rutas do viño de Galicia.

 

Os once plans de sustentabilidade turística en destino son: PSTD Os Fogóns do Anllóns (impulsado polos municipios de Carballo, Coristanco, A Laracha, Ponteceso e Cabana de Bergantiños, e presupuestado en 1.500.000 euros); PSTD Et edendo, Lucus: un percorrido histórico pola enogastronomía (Lugo, 2.000.000 euros), PSTD Valdeorras, Ruta do Viño Milenaria (O Barco, A Rúa, A Veiga, O Bolo, Petín, Vilamartín, Rubiá, Larouco e Carballeda, 1.500.000 euros); PSTD Barbanza-Arousa. Viaxe a través da historia dos sabores (Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo, 1.500.000 euros); PSTD  O Ribeiro – O Carballiño (A Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón, Ribadavia, Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro, San Cristovo de Cea, Padrenda e Pontedeva, 1.500.000 euros); PSTD O Condado – A Paradanta Destino Enogastronómico (A Cañiza, Arbo, As Neves, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz-Balneario, Ponteareas, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, 1.500.000 euros); PSTD de Vigo (Concello de Vigo, 2.000.000 euros); PSTD do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño “Despensa de Galicia” (A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui, 1.500.000 euros); PSTD O Carballiño e a gastronomía do Polbo (Concello do Carballiño, 1.000.000 euros); PSTD da Guarda (Concello da Garda, 1.000.000 euros); e PSTD O Grove. A Gastromeca. Construción dun novo modelo baseado na emoción e a autenticidade a través da súa cultura gastronómica (Concello do Grove, 2.000.000 euros).

 

E as dúas actuacións en Galicia incluídas no Plan Nacional de Enogastronomía son o PSTD Terras de Santiago, que conta cun orzamento de 1,3 millóns de euros, e o PSTD Vía Verde Compostela–Tambre–Lengüelle, que conta cun orzamento de 1.375.400 euros.

23 de Decembro de 2022

Presentación en Salvaterra de Miño do Plan de Enogastronomía de Galicia

A directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou a iniciativa ás entidades locais beneficiarias cun acto no que tamén tomo a palabra o presidente […]
22 de Decembro de 2022

A Deputación de Pontevedra entregará o próximo ano os seus primeiros premios ao Turismo Sostible

Carmela Silva anunciou a creación do novo galardón na xornada sobre “Boas prácticas en xestión turística” organizada polo Clúster.   A presidenta provincial destacou o traballo […]
21 de Decembro de 2022

Exitoso intercambio de experiencias na xornada sobre “Boas prácticas en xestión turística”

Decenas de profesionais participaron en Vilagarcía neste foro, que foi inaugurado polo concelleiro Álvaro Carou, o presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, e a presidenta da Deputación […]
20 de Decembro de 2022

O Clúster Turismo de Galicia dá continuidade á directiva actual baixo a presidencia de Cesáreo Pardal

A Asemblea Xeral votou hoxe a única lista presentada ás eleccións, que renova catro dos doce vogais que integran o Consello Executivo.   Vilagarcía de Arousa, […]