[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

O prazo de presentación de candidaturas estará aberto ata o 30 de xuño.

 

A cita celebrarase a comezos do cuarto trimestre do próximo ano.

 

Aínda faltan case seis meses para a celebración da terceira edición da Convención Turespaña, que terá lugar en San Sebastián do 25 ao 25 de outubro, pero os responsables do Instituto de Turismo de España comezaron xa o proceso para elixir a cidade que acollerá a cuarta convención, prevista para os primeiros días de outubro do 2024.

 

Os destinos interesados en albergar este encontro clave para o sector turístico español deben cumprir varios requisitos: contar cunha infraestrutura hostaleira e congresual, e dunha accesibilidade adecuadas, e deseñar e ofrecer aos participantes un programa social e de actividades. Ademais, á hora de valorar as candidaturas terase en conta o nivel de adecuación dos espazos ás necesidades da Convención, a capacidade organizativa e o equipo de traballo achegado.

 

As cidades interesadas en acoller a Convención Turespaña dispoñerán ata o 30 de xuño deste ano para presentar as súas solicitudes. O nome do destino escollido darase coñecer o 31 de xullo. As base da convocatoria están dispoñibles na seguinte ligazón https://www.tourspain.es/es-es/FeriasJornadas/Documents/Convencion-2024/Bases%20IV%20Convención%20Turespaña.pdf

 

Desde Turespaña destacan que a Convención reunirá na cidade elixida a unhas 500 persoas, en representación do sector turístico, tanto autonómico como local, ademais de profesionais do ámbito do márketing turístico e outros actores crave da conectividade aérea internacional, así como ao equipo de Turespaña e a súa rede de consellerías no exterior. Ademais, sinalan que a sede da Convención beneficiarase dun protagonismo especial nas sesións e do impacto económico que supoñerá a celebración.

02 de Abril de 2023

Turespaña busca cidade para a súa cuarta Convención

O prazo de presentación de candidaturas estará aberto ata o 30 de xuño.   A cita celebrarase a comezos do cuarto trimestre do próximo ano.   […]
01 de Abril de 2023

Aberto o prazo para participar nas presentacións programadas polo Clúster en Málaga e Madrid

Un máximo de 26 empresas poderán tomar parte nas actividades que se desenvolverán os días 9 e 10 de maio.   Ambas xornadas comezarán cun workshop […]
31 de Marzo de 2023

O sector turístico galego prevé unha ocupación de entre o 65 % e o 80 % para esta Semana Santa

Unha sondaxe realizada polo Clúster Turismo de Galicia apunta unhas boas previsións, que o sector espera incrementar coas reservas de última hora.   As maiores cifras […]
29 de Marzo de 2023

Cesáreo Pardal reivindicou no Foro MICE o papel deste sector turístico para loitar contra a estacionalidade

O presidente do Clúster participou en Madrid nunha das mesas redondas do sexto Encontro Anual da entidade impulsada pola Organización Profesional de Congresos de España.   […]