[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

A Asociación GALICIA DESTINO GOLF organiza o vindeiro venres, 4 de novembro, en Santiago de Compostela, unha xornada de carácter gratuíto e de 3 horas de duración co obxectivo de abordar o potencial do golf como reclamo turístico para Galicia e sobre como situar Galicia como un Destino de Golf Diferente.

A xornada, que se desenvolverá no Gran Hotel Os Abetos en xornada de mañá, contará coa participación de Carmen Pita e Enrique Pérez, da Axencia de Turismo de Galicia, así como con Alfonos Agulló, director comercial de Le Club Golf, a maior re de campos de Europa e da presidenta da Asociación Galicia Destino Golf, Marisa Barandiarán. Tras as exposicións de todos eles, a xornada concluirá cunha mesa redonda.

Cabe destacar que a industria do golf xera en España ao redor de 775 millóns de euros anuais de valor engadido, segundo o estudo da empresa Golf Business, que destaca a importancia de xerar sinerxías entre esta industria deportiva e o sector turístico.

Máis información e inscricións no correo electrónico secretariogeneral@galiciadestinogolf.com ou no teléfono 610787975.

31 de Outubro de 2016

Compostela acolle unha xornada centrada na potencialidade do golf para o sector turístico galego

A Asociación GALICIA DESTINO GOLF organiza o vindeiro venres, 4 de novembro, en Santiago de Compostela, unha xornada de carácter gratuíto e de 3 horas de […]
27 de Outubro de 2016

Un proxecto de comercialización impulsará a paquetización competitiva do enoturismo galego

O proxecto, denominado Emocións Enoturismo Galicia, está auspiciado polo Clúster Turismo de Galicia e executado por Proturga e Gallaecia A iniciativa de comercialización compleméntase coa posta […]
26 de Outubro de 2016

Aprender sobre negocios turísticos sustentables e eficientes

Profesionais do sector turístico asistiron en Foz a un seminario sobre a sustentabilidade e a eficiencia na xestión dos seus negocios enmarcada no programa de formación […]
25 de Outubro de 2016

Mellora a ocupación hostaleira nun setembro no que volven subir os viaxeiros e pásalas a noite

O turismo internacional medrou respecto ao mesmo período do ano pasado un 9,2% alcanzando preto de 190.000 viaxeiros Os viaxeiros que este mes de setembro elixiron os […]