[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

Preto de 40 establecementos de turismo rural de Galicia coordinaron as súas propostas baixo o slogan “Viaxa polos camiños de outono”.

O catálogo recolle 37 experiencias e está dispoñible na web www.galiciaturismorural.es, arrincando con “Un finde sorpresa de turismo rural” para as noites do 28 e 29 de setembro.

Baixo o nome “Viaxa polos camiños do Outono” presentouse en Santiago o catálogo de produtos de turismo rural de Galicia que se veu desenvolvendo nos últimos meses a iniciativa da Federación Galega de Turismo Rural (Fegatur) e da Asociación Galega de Turismo Rural (Agatur), que contou coa participación do Clúster Turismo de Galicia dentro do seu concurso de ideas e do apoio, en última instancia, de Turismo de Galicia, cuxa directora, Nava Castro.

En total o catálogo recolle 37 experiencias diferenciadas para todos os públicos ou para públicos específicos como familias, novas, seniors ou grupos que se ofertarán polo menos durante os meses de outubro e novembro, para que os hóspedes dos establecementos de turismo rural poidan experimentar distintos “camiños de outono”: desde participar nos procesos de recollida da mazá e o viño a principios de outubro, á recollida de froitos do bosque pasando por achegarse a contornas naturais en comarcas como Ribeira Sacra, Tabeirós-Terra de Montes, Arousa-Sar, Mariña Lucense, Costa da Morte, Allariz ou Cabana de Bergantiños. Tamén se inclúen rutas de sendeirismo, observación nocturna, achegamento ás tradicións rurais, contos en árbores, rutas dos sentidos, e como non, gastronomía de outono. Outra das propostas son workshops de interpretación da paisaxe en distintas comarcas, de cultura celta ou de fotografía.

O proceso de elaboración do catálogo implicou a catro asociacións de turismo rural e un total de 38 establecementos: Mar de Compostela na comarca da Estrada-Forcarei, Campo e Mar na comarca de Arousa-Sar, Ribeira Sacra Rural nas comarcas de Ribeira Sacra de Lugo e Ourense e Lugo Costa na Mariña Lucense así como establecementos de turismo rural situados en toda Galicia, moitos deles asociados a Fegatur e a Agatur.

As experiencias que recolle este catálogo xurdiron ao redor das diferentes mesas de traballo e unha xornada de encontro celebrados este verán pasado. Nestes encontros concluíuse que está a crecer a demanda deste tipo de establecementos pero que a estacionalidade segue sendo moi alta, de aí o interese en fomentar actividades e propostas fóra da tempada máis alta.

Experiencia sorpresa
Ademais da presentar o catálogo, tamén se anunciou unha acción especial: “Un finde sorpresa de turismo rural”, que levará a cabo no último fin de semana de setembro para dar a coñecer algún dos geodestinos galegos máis representativos e, segundo a casa rural escollida, ter unha experiencia sorpresa que ofrece o establecemento. Aqueles que reserven nesas datas unha noite obterán outra de agasallo no establecemento escollido.

Novidades na web
Tanto o Catálogo de produtos de turismo rural de Galicia – Outono 2018 como a acción especial “Un finde sorpresa de turismo rural”, atópase recompilada na web www.galiciaturismorural.es, desde onde se pode escoller unha experiencia e un destino e comprobar as casas rurais que participan, así como as condicións do servizo.

O catálogo de produtos vai dirixido á cidadanía en xeral e, tamén, ás axencias de viaxe e grupos ou empresas organizadoras de actividades nas comarcas onde están situados os establecementos de turismo rural. De feito, algunhas das propostas son especificamente para grupos, de forma que un ou varios establecementos atenden a demanda e pon en contacto aos clientes con empresas para os servizos complementarios.

Para facilitar a coordinación entre promotores e os establecementos de turismo rural habilítase un teléfono de contacto 631 179 252 e un correo info@turismoruraldegalicia-experiencias.com. Desde que se presentou a iniciativa precisamente varias axencias de viaxes e empresas de turismo activo interesáronse por algún dos produtos propostos para incorporalos na súa oferta e está iniciado o proceso de negociación correspondente.

19 de Setembro de 2018

O turismo rural galego convídanos a descubrir os camiños do outono a través do seu catálogo de produtos

Preto de 40 establecementos de turismo rural de Galicia coordinaron as súas propostas baixo o slogan “Viaxa polos camiños de outono”. O catálogo recolle 37 experiencias […]
18 de Setembro de 2018

As Rutas do Viño de Galicia convídannos a gozar do enoturismo en Galicia con alma, corazón e viño

Lanzan unha campaña conxunta baixo a súa marca paraugas Enoturismo Galicia co obxectivo de destacar o enoturismo experiencial que se poden gozar nas rutas “Aquí o […]
17 de Setembro de 2018

Termatalia Brasil sitúa a Foz de Iguaçu como destino internacional de turismo de saúde

Brasil e Galicia exerceron de anfitrións nunha cita na que se reuniron 200 expositores, 25 turoperadores especializados e 60 relatores internacionais Termatalia, Feira Internacional de Turismo […]
14 de Setembro de 2018

Fernando Gallardo, experto en Turismo, impartirá en Cuntis un seminario sobre tecnoloxía Blockchain e as súas repercusións no mundo do turismo

A tecnoloxía Blockchain, que ten a súa sostén na novo paradigma da confianza humana, o escenario colaborativo, as criptomonedas ou as redes tokens na industria turística […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568
Página siguiente