[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

A Xunta premia coas Bandeiras Verdes as boas prácticas ambientais, a protección e a conservación.

 

Un total de 15 municipios galegos poden presumir do seu compromiso co medio ambiente e a paisaxe facendo ondear as Bandeiras Verdes que así o acreditan. Os responsables de todos eles acaban de recibir de mans da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, as insignias coas que a Xunta premia desde o ano 2020 o esforzo neste ámbito realizado polas administracións locais.

 

A Laracha, Cervo, Muros, Ribadeo, Ribeira e Touro conseguen este ano por primeira vez a Bandeira Verde e súmanse a unha listaxe que no primeiro ano arrincou con só dous membros e que no 2021 creceu ata 9: Alfoz, Curtis, Moaña, Mondoñedo, Ordes, Outeiro de Rei, Parada de Sil, Porto do Son e Sober. Estas bandeiras teñen como obxectivo, segundo explican desde a Xunta, “sumar e reflectir o esforzo que as entidades locais están a facer polo futuro de Galicia grazas a accións e boas prácticas para ordenar o territorio, protexer o medio ambiente e a paisaxe; afrontar o cambio climático e mellorar a eficiencia enerxética”.

 

Desde a Xunta explican ademais que pretenden que estas bandeiras se convertan non só nun símbolo para os veciños, senón tamén para os potenciais visitantes fortalecendo a imaxe daqueles pobos e vilas máis comprometidos nos ámbitos ambientais, paisaxísticos e naturais. Pódense converter así tamén nunha ferramenta de promoción no ámbito turístico con poder de atracción daqueles visitantes que valoran estes aspectos á hora de elixir o seu destino.

22 de Outubro de 2022

Recoñecemento para 15 municipios galegos polo seu compromiso co medio ambiente e a paisaxe

A Xunta premia coas Bandeiras Verdes as boas prácticas ambientais, a protección e a conservación.   Un total de 15 municipios galegos poden presumir do seu […]
21 de Outubro de 2022

O Clúster sumouse á promoción das Rías Baixas en Sevilla e Bilbao

A entidade estivo presente nos workshops organizados pola Deputación de Pontevedra e nos que unha trintena de empresas e entidades da provincia puideron establecer contactos con […]
20 de Outubro de 2022

Divulgación e sabores xacobeos coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo

A entidade organizou para o día 24 o terceiro “Encontro Gastronómico e Cultural …E para comer, Lugo no Camiño”.   Unha serie de catas en cinco […]
17 de Outubro de 2022

A feira turística de Rímini tivo un ano máis representación galega

O Clúster e sete empresas desprazáronse con Turismo de Galicia ata Italia para participar na TTG Travel Experience.   Un ano máis, Galicia estivo representada na […]