[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

Unha ducia de Bens de Interese Cultural galegos repartiranse case 23 millóns de euros a través deste proxecto impulsado con fondos europeos.

 

O presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, participou na acrópole de Monterrei na presentación do proxecto de rehabilitación de valorización dese monumento.

 

O importante patrimonio histórico e arquitectónico de Galicia constitúe tamén un valioso atractivo turístico. Para compatibilizar ambos aspectos e facelo, ademais, desde a óptica da sustentabilidade, a Administración impulsa grazas aos fondos europeos o Plan Xacobeo Next Generation, un programa de actuacións de mellora e posta en valor que en Galicia beneficiará a unha decena de Bens de Interese Cultural (BIC) e supoñerá un investimento total de case 23 millóns de euros.

 

A acrópole de Monterrei, situada no municipio ourensán do mesmo nome, é un deses monumentos e ata alí desprazouse o pasado martes o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para presentar o seu proxecto de rehabilitación e valorización cultural e turística. Xunto a el estiveron numerosas autoridades autonómicas, provinciais e locais, como a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e tamén o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal.

 

Todos eles percorreron a acrópole podendo examinar sobre o terreo os espazos sobre os que está previsto actuar grazas ao Plan Xacobeo Next Generation. Respecto diso, Alfonso Rueda, precisou que as obras serán licitadas a comezos do próximo ano e executadas en dúas fases. Ademais de en Monterrei, o plan prevé actuacións na Torre de Hércules (A Coruña), as Torres de Oeste (Catoira), o Cárcere Vello de Tui, o Castelo de Santa Cruz (A Guarda), o arquipélago de Sálvora, a Illa de Ons, a ribeira do río Lérez, a Ribeira Sacra, o conxunto histórico-artístico de Mondoñedo, o Parque do Pasatempo (Betanzos) ou Casa Museo de Valle-Inclán (Vilanova de Arousa), segundo detallaron desde a Xunta.

14 de Decembro de 2022

Turismo, patrimonio e sustentabilidade, xuntos no Plan Xacobeo Next Generation

Unha ducia de Bens de Interese Cultural galegos repartiranse case 23 millóns de euros a través deste proxecto impulsado con fondos europeos.   O presidente do […]
11 de Decembro de 2022

A desconexión e o relax, o factor máis valorado á hora de planificar unha viaxe

O descubrimento de novos destinos, a calidade dos aloxamentos e o prezo completan a lista de prioridades segundo a última enquisa de ObservaTUR.   O estudo […]
10 de Decembro de 2022

Os socios do Clúster están chamados a elixir o día 20 o novo consello executivo da entidade

A Asemblea Xeral Extraordinaria celebrarase nesta ocasión no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa.   O prazo para presentar as candidaturas estará aberto ata 5 días […]
09 de Decembro de 2022

Visto e prace da Xunta ao Plan de Enogastronomía de Galicia

O proxecto, que inclúe 3 actuacións de cohesión e 11 plans de sustentabilidade turística en destino, será levado á Conferencia Sectorial de Turismo.   Supoñería un […]