[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

Deputación e empresas mantiveron diferentes encontros con empresas e entidades para a promoción das súas empresas e a presentación do destino Rías Baixas

O Hotel Grand Mariña de Barcelona acolleu o encontro de máis dun centenar de profesionais do sector turístico, medios de comunicación e turoperadores cataláns no I Workshop na capital catalá celebrado pola Deputación de Pontevedra, que viaxou até alí con 30 empresas pontevedresas que mantiveron encontros de traballo co obxectivo de promocionar as súas empresas e o Destino Rías Baixas.

Así, tras a xornada de traballo, tivo lugar un cóctel de presentación do destino Rías Baixas no que, ademais do presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, e do presidente de Feprohos, César Ballesteros, tamén se deron cita autoridades locais de Barcelona e o presidente do Centro Galego na cidade condal. Durante a presentación proxectouse o vídeo de Somos historias e déronse a coñecer os principais atractivos turísticos da provincia ao redor do patrimonio, eixo de promoción da Deputación durante este ano.

Pola súa banda a presidenta da Deputación, Carmela Silva, mantivo unha completa axenda na capital catalá co obxectivo de pechar novas liñas de actuación para a potenciación da provincia de Pontevedra. Así, foi recibida pola alcaldesa de L´Hospitalet de Llobregat, Nuria Marín, coa que intercambiou opinións sobre políticas de igualdade e tamén mantivo un encontro de traballo coa dirección do Fórum Gastronómico, para abordar novas vías de colaboración que van permitir situar como referente de vangarda e calidade ao destino Rías Baixas.

28 de Novembro de 2018

Excelente acollida do primeiro workshop da Deputación de Pontevedra en Barcelona

Deputación e empresas mantiveron diferentes encontros con empresas e entidades para a promoción das súas empresas e a presentación do destino Rías Baixas O Hotel Grand […]
27 de Novembro de 2018

Tendencias MICE para 2019: espazos exteriores, experiencias inesquecibles e máis tecnoloxía

O Informe 2019 de CWT Meeting&Events apunta a un crecemento do sector mice a nivel internacional O turismo MICE crecerá entre un 5% e un 10% […]
26 de Novembro de 2018

A experiencia do cliente sitúase como elemento clave e de futuro para o sector turístico

Dous relatorios e unha mesa redonda en torno ao cliente centraron a xornada de peche oficial do Plan de Formación do Clúster Turismo de Galicia A […]
23 de Novembro de 2018

A Deputación de Pontevedra organizará en Barcelona un workshop encamiñado a abrir novas vías de negocio para o sector turístico da provincia

O evento, que terá lugar o 27 de novembro e forma parte das liñas do Plan estratéxico de turismo, conta xa coa participación de 25 empresas […]