[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

A feira alemá volveu reivindicar o seu liderado na industria da viaxe MICE.

 

O Clúster estivo presente a través da iniciativa Galicia MICE.

 

A última edición da feira IMEX de Frankfurt, celebrada entre o 31 de maio e o 2 de xuño, supuxo a maior reunión mundial da industria de reunións, incentivos, conferencias e exposicións, unha vez superada a pandemia. A pesar de todo, obsérvase que este tipo de industria da viaxe afronta a recuperación a un ritmo menor que outros segmentos do sector turístico, de forma que a feira aínda non tivo o mesmo impulso que nos anos prepandemia.

 

IMEX contou con representación máis de 100 países e con máis de 2.800 participantes de distintos ámbitos (axencias, corporacións, asociacións…) que concertaron citas e mantiveron encontros para dar a coñecer os seus destinos. Púidose observar como o sector MICE non se detivo durante a pandemia, senón que seguiu apostando con investimentos en infraestruturas á vez que desenvolveu novos produtos, novas alternativas comerciais e novos servizos.

 

Belén Montero, en representación de Galicia MICE, participou na feira mantendo reunións con operadores europeos, americanos e asiáticos, ademais de representantes do ámbito nacional. A presidenta da Asociación de Palacios de Congresos de Galicia e vogal do consello executivo do Clúster Turismo de Galicia apunta á temática da sustentabilidade como un elemento esencial e sinala que algunhas empresas buscan destinos de cidades de tamaño medio ou pequeno, pero cun enfoque claro na sustentabilidade como  vector esencial. En Frankfurt mantivo contactos con operadores que organizan eventos medianos (entre 500 e 3.000 participantes), mercado no que Galicia é unha boa candidata especialmente se se pon en valor a oferta gastronómica e de slow tourism.

05 de Xuño de 2022

O Clúster de Turismo participou na feira de Turismo de Negocios IMEX de Frankfurt

A feira alemá volveu reivindicar o seu liderado na industria da viaxe MICE.   O Clúster estivo presente a través da iniciativa Galicia MICE.   A […]
05 de Xuño de 2022

Os hoteis galegos alcanzan cifras récord

O número de viaxeiros, a ocupación, a rendibilidade e a facturación total en abril foron superiores ao mesmo mes do 2019.   A análise dos datos […]
04 de Xuño de 2022

A Xunta e o Clúster confían en que este 2022 marque novos récords para o sector turístico

Así o expresaron tanto Alfonso Rueda como Cesáreo Pardal na presentación da campaña Camiña a Galicia 2022.   O acto de presentación da campaña de promoción […]
03 de Xuño de 2022

Cursos sobre ciberseguridade para o sector turístico

Tres actividades previstas para os próximos días permitirán aos profesionais do sector abordar cuestións como as ameazas cibernéticas ou o tratamento dos datos persoais.   O […]