[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

Un total de 88.679 persoas rexistraron unha visita nalgún dos socios da Ruta, o 94% deles en adegas

En 2015 a Ruta do Viño Rías Baixas recibiu un total de 88.679 visitantes dos cales case o 94% rexistrouse nalgunha das 52 adegas adscritas a esta ruta, que tamén ten asociados outro tipo de establecementos como aloxamentos, museos ou establecementos de restauración. Esta cifra, que supón un novo record para o único itinerario enoturístico galego certificado polas Rutas do Viño de España, supón, a dicir dos responsables da Ruta do Viño Rías Baixas que cada adega recibiu unha media de 1572 visitantes en 2015.

De acordo cos rexistros proporcionados polos propios socios, a subzona de Val do Salnés, cuxa oferta enoturística inclúe 36 adegas, é a que contou en 2015 con maior número de turistas, aglutinando algo máis do 90% do rexistro total e unha media de 2.113 persoas, mentres que a empresa vitivinícola con maior afluencia de turistas, situada tamén nesta subzona, acumulou un total de 15.006 visitas.
Por orde de número de recepción de visitantes ao Salnés séguelle O Rosal, onde se rexistraron 4.925 asistentes durante o pasado ano nas 6 adegas asociadas cunha media de participantes en percorridos guiados nesta subzona de 704.
En terceiro lugar atópase Condado do Tea, con 8 adegas socias, onde o rexistro de visitas ascendeu a 1.946 durante 2015 cunha media de 243 persoas. Pecha a listaxe a subzona de Ribeira do Ulla, onde as dúas adegas asociadas recibiron a 333 visitantes.
Esta é a primeira ocasión en que a Ruta do Viño Rías Baixas dá a coñecer os datos pormenorizados sobre os visitantes que percorren as 52 adegas asociadas e repartidas nas subzonas de Val do Salnés, Condado do Tea, O Rosal e Ribeira do Ulla.

15 de Xullo de 2016

A Ruta do Viño Rías Baixas recibiu en 2015 unha media de 1572 visitantes nas súas adegas alcanzando novo record

Un total de 88.679 persoas rexistraron unha visita nalgún dos socios da Ruta, o 94% deles en adegas En 2015 a Ruta do Viño Rías Baixas […]
14 de Xullo de 2016

O sector turístico galego incrementou os seus ingresos un 5% no segundo trimestre do ano

O último informe de Exceltur de Perspectivas Turísticas recolle tamén un incremento do 3% do emprego na nosa comunidade Segundo recolle o último informe emitido por […]
13 de Xullo de 2016

Feijóo reinvidica o sector termal como potente liña de atracción económica, especialmente para Ourense

O titular da Xunta, que asistiu o Consello Termal Ourensán, destacou que están executadas o 40% das actuacións contidas no plan de Ourense, provincia termal Alberto […]
13 de Xullo de 2016

Vigo aposta polo turismo industrial vinculado ao pasado pesqueiro da cidade para captar fluxos de visitantes

Impulsada pola Fundación para a Pesca e Marisqueo (Fundamar) e dirixida pola Cooperativa de Armadores de Vigo (Arvi) e os sindicatos UXT e CCOO, o proxecto […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553
Página siguiente