[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

Esta cita internacional apoia a Candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da UNESCO
Presenta máis de 150 experiencias entre as que destacan os showcookings que impartirán prestixiosos chefs de 6 países
15 restaurantes ofrecen 22 menús con prezos comprendidos entre os 15 e os 35 euros

Expourense acolle esta semana Xantar, o único Salón Internacional de Turismo Gastronómico acreditado da Península Ibérica, que celebra a súa 21ª edición en Ourense entre o 5 e o 9 de febreiro centrado na promoción do papel que xogan a gastronomía e o viño á hora de dinamizar a contorna rural contribuíndo a fixar poboación e a afrontar o reto demográfico. A este obxectivo súmase o protagonismo destacado que terá a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Humanidade da UNESCO.

Expourense converterase durante esta semana no epicentro do turismo enogastronómico reunindo 298 expositores (cifra lixeiramente superior á edición anterior) e con 9 países representados (España, Portugal, Costa Rica, Cabo Verde, México, Perú, Chile, Panamá e Arxentina) nos que a tradicional e estreita cooperación transfronteiriza con Portugal convivirá tamén coa cooperación iberoamericana. No que respecta ás actividades, Xantar reunirá a recoñecidos chefs de 6 países que impartirán talleres de cociña en directo enmarcados no XV Encontro Internacional de Gastronomía Saudable e Sustentable que ofrecerá ao público máis de 150 experiencias.

Entre as novidades desta edición destacan a celebración dun Curso certificado de Iniciación á Cata impartido polo Instituto Galego do Viño e tamén da Xornada sobre Reto Demográfico e Fixación de Poboación no Rural, ?Wine Talks?, que inclúe a conferencia de cinco adegueiros galegos e a posterior cata dos seus viños. Outra das novidades será a celebración, o xoves 6 febreiro, da cuarta e última semifinal do VIII Concurso Cociñeiro do Ano e do IV Concurso Camareiro do Ano. Oito cociñeiros e cinco camareiros de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi, A Rioxa e Navarra competirán por alcanzar a final nacional que se celebrará en abril de 2020, na Feira Alimentaria en Barcelona.

150 experiencias enogastronómicas
O programa de actividades de Xantar 2020 inclúe tanto conferencias de expertos como exhibicións de cociña en directo, ademais de catas comentadas e degustacións incluídas no ?XV Encontro Internacional sobre Gastronomía Sustentable e Saudable?. Ofrecerá ao público máis de 150 experiencias, é dicir, unha media de 4 actividades por cada hora de celebración do salón.
O programa de showcookings complétase con actividades paralelas como o VII Encontro de Bloggers Gastronómicos e Turísticos no que participan máis de 25 blogueros de Galicia, Asturias, Castela e León e Portugal ou o XVI Encontro Internacional de Confrarías que reunirá a 40 entidades.
Ademais, tamén se celebrará o ?IV Workshop de Turismo Gastronómico? no que participarán unha ducia de operadores de turismo de España, Portugal e Noruega que asistirán a presentacións e a reunións B2B con representantes dos distintos destinos gastronómicos presentes no salón

05 de Febreiro de 2020

Xantar 2020 destaca o papel da enogastronomía na dinamización da contorna rural

Esta cita internacional apoia a Candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da UNESCO Presenta máis de 150 experiencias entre as que destacan os showcookings que […]
05 de Febreiro de 2020

O Clúster Turismo de Galicia lanza unha nova edición do seu Concurso de Ideas para asociados

Co obxectivo de que os asociados do Clúster Turismo de Galicia poidan propor proxectos de interese para o desenvolvemento da promoción e mellora da comercialización do […]
04 de Febreiro de 2020

Aberta a convocatoria para solicitar praza no programa Elixe Galicia para o fomento do turismo interno

O DOGA recolle as resolucións e os formularios de solicitude para cada un do tres colectivos aos que se orienta o programa: jóves, familias con fillos […]
03 de Febreiro de 2020

Case 11 millóns de noites e 5,12 millóns de viaxeiros, balance final de ocupación hostaleira e extrahotelera en Galicia en 2019

Galicia pechou o ano 2019 cunha ocupación total de 5,12 millóns de viaxeiros e case 11 millóns de noites, superando de novo a cifra histórica dos […]