[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

O selo do Clúster especializada nas propostas turísticas para as familias sortea 50 experiencias a través dos seus perfís en Facebook e Instagram.

 

O prazo para participar estará aberto ata o 7 de novembro.

 

Galicia Destino Familiar, o selo impulsado polo Clúster Turismo de Galicia para potenciar a oferta turística galega centrada no turismo familiar e crear sinerxias entre as empresas especializadas neste segmento do mercado, desenvolve na actualidade unha campaña promocional a través das redes sociais. A iniciativa permitirá aos usuarios que interactúen con Galicia Destino Familiar participar no sorteo de medio centenar de experiencias nos establecementos adheridos ao selo.

 

Quen queira optar a estes premios debe seguir a conta de Galicia Destino Familiar en Facebook ou Instagram, dar un gústame á publicación do sorteo e mencionar polo menos a un amigo co que lles gustaría compartir o premio en caso de resultar gañador. Tamén poden compartir a publicación nas súas historias.

 

O prazo para participar na campaña estará aberto ata o 7 de novembro e para tomar parte basta con ser cidadán da Unión Europea e ter máis de 18 anos. Os nomes dos 50 gañadores do sorteo daranse a coñecer o mércores 9 a través das redes sociais e da web de Galicia Destino Familiar. A continuación, os agraciados dispoñerán dun prazo dunha semana para poñerse en contacto co selo e proporcionar a dirección de correo electrónico á que será enviado o seu bono experiencia. En caso de non facelo, asignarase outro gañador da listaxe de 10 suplentes extraído no mesmo sorteo.

 

As bases completas da campaña están dispoñibles na seguinte ligazón:

http://galiciadestinofamiliar.gal/es/bases-do-sorteo-galicia-un-destino-para-gozar-en-familia-b15

02 de Novembro de 2022

Campaña promocional de Galicia Destino Familiar

O selo do Clúster especializada nas propostas turísticas para as familias sortea 50 experiencias a través dos seus perfís en Facebook e Instagram.   O prazo […]
01 de Novembro de 2022

Recoñecemento para dous establecementos das Rías Baixas nos premios de enoturismo das Rutas do Viño de España

Martín Códax foi designada como a Mellor Adega Aberta ao Turismo e o hotel Quinta de San Amaro recibiu unha das mencións especiais á Mellor Experiencia […]
29 de Outubro de 2022

O Clúster fomenta a participación de empresas galegas na Feira Internacional do Turismo de Interior INTUR

Costeará a inscrición na bolsa de contratación de Intur Negocios, prevista para o 17 de novembro.   A 25 edición da cita valisoletana celebrarase entre os […]
28 de Outubro de 2022

A Xunta oficializa o novo mapa de xeodestinos turísticos

O Consello de la Xunta aprobou a reordenación destes territorios, que pasan de 14 a 26.   Galicia dispón xa dun novo mapa de xeodestinos. Unha […]