[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

O Clúster Turismo de Galicia colaborou no proceso de redacción do documento.

 

As empresas do sector turístico que queiran avanzar pola senda da sustentabilidade dispoñen dunha nova ferramenta para facelo. Acaba de poñela ao seu alcance o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e a Secretaría de Estado de Turismo a través de Segittur (Sociedade Mercantil Estatal para a Xestión da Innovación e as Tecnoloxías Turísticas), entidade que acaba de lanzar unha Guía para a elaboración de memorias de sustentabilidade en pemes turísticas. Nos traballos desenvolvidos para preparar esta guía colaborou o Clúster Turismo de Galicia xunto a outra ducia de representantes do sector de toda España.

 

Desde Segittur explican que as memorias de sustentabilidade recollen o “desempeño ambiental, social e económico” da empresa e permiten aos seus clientes e usuarios coñecer como actúa no ámbito da sustentabilidade. Na actualidade, só están obrigadas a elaboralas as grandes empresas, pero a guía permitirá ás pequenas e medianas empresas adiantarse a un posible cambio normativo respecto diso. Ademais, a elaboración voluntaria dunha memoria de sustentabilidade “outorga recoñecemento, boa imaxe, alta reputación e xera confianza nos grupos de interese”, permite ás empresas que o fan “crear unha imaxe de marca que se vexa asociada a unha xestión de sustentabilidade eficiente” e pode atraer aos consumidores que buscan propostas e experiencias turísticas que “que impactan positivamente no ámbito social, ambiental e económico”.

 

A memoria de sustentabilidade debe recoller aspectos relativos ao modelo de negocio da empresa (descrición, resultados, riscos, loxística…), as súas políticas ambientais (xestión de residuos, uso dos recursos, medidas de protección da biodiversidade…), a xestión do persoal (emprego, organización do traballo, seguridade, formación…), os dereitos humanos (cumprimento dos convenio da OIT), a loita contra a corrupción (medidas contra o branqueo de capitais, achegas a oenegués..) e o compromiso coa sociedade (desenvolvemento sostible, consumidores, información fiscal…).

 

A guía elaborada por Segittur non só recolle unha descrición pormenorizada da estrutura que debe ter a memoria (carta da dirección, presentación da empresa, índice, perfil da entidade, xestión interna, etcétera), senón tamén os pasos a seguir para reunir a información necesaria e algúns exemplos reais de boas prácticas  extraídos das memorias de sustentabilidade de varias empresas. Ademais, a guía compleméntase cun kit de ferramentas para a elaboración da memoria que se pode descargar tamén desde a web de Segittur.

25 de Maio de 2022

Segittur pon ao alcance das pemes turísticas unha guía para elaborar as súas memorias de sustentabilidade

O Clúster Turismo de Galicia colaborou no proceso de redacción do documento.   As empresas do sector turístico que queiran avanzar pola senda da sustentabilidade dispoñen […]
25 de Maio de 2022

O Clúster pon ao dispor dos seus socios 25 invitacións para a bolsa de contratación de Turexpo Galicia

Os participantes poderán contactar con operadores turísticos nacionais e internacionais os días 2 e 3 de xuño no marco da feira que se celebrará en Silleda. […]
23 de Maio de 2022

Italia, nova parada do Clúster na campaña de internacionalización do destino Galicia

Desde hoxe e ata o 26 de maio participa xunto con cinco empresas galegas nun Roadshow organizado por Turespaña que percorrerá Roma, Catania, Bolonia e Milán. […]
22 de Maio de 2022

A Comisión Europea chama ao sector para comprometerse cun turismo máis resiliente e sostible

Empresas, administracións, entidades e particulares poden sumarse ata finais de mes á “Senda de Transición para o Turismo”.   Empresas e axentes do sector turístico, administracións, […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559
Página siguiente