[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

  • Esta iniciativa, cofinanciada pola Comisión Europea, busca potenciar ás comunidades locais converténdoas en laboratorios de codesenvolvemento de ecosistemas turísticos circulares e sostibles.
  • O consorcio do proxecto está formado por 7 organizacións de 6 países da UE. A UVIGO, a única representante española.
  • A convocatoria está dirixida a MIPEMES de ámbitos relacionados co turismo, seleccionando 16 por país.

 

O proxecto internacional Ecotours é unha iniciativa cofinanciada pola Comisión Europea no marco do Programa para o Mercado Único (Pilar PMU/PEME). Este proxecto prevé a prestación de servizos directos e de apoio financeiro ás MIPEME propostas polos membros do consorcio para promover a adopción de prácticas de desenvolvemento sostible e converter zonas que se enfrontan a retos socioeconómicos en novos destinos turísticos circulares, verdes e sostibles.

 

O proxecto diríxese ás microempresas das comunidades locais de Sicilia, en Italia; Macedonia occidental, en Grecia; Córsega, en Francia; Nicosia, en Chipre; o Condado de Csongrád-Csanád, en Hungría, e Galicia, en España, centrándose no patrimonio natural e cultural de importancia internacional. Ecotours pretende mellorar a capacitación das microempresas turísticas e os ecosistemas do turismo comunitario para promover o turismo circular e adoptar principios, prácticas e normas medioambientais nos seus negocios.

 

O consorcio do proxecto está formado por 7 organizacións de 6 países da Unión Europea, sendo a Universidade de Vigo a única representante española. Co obxectivo de revitalizar o turismo circular, desde Ecotours lanzan unha convocatoria dirixida ás MIPEMES que desexen mellorar os servizos relacionados co ecoturismo e co-desenvolver novos itinerarios de turismo circular e sostible participando en 5 actividades: consultoría e coaching para o desenvolvemento de negocios circulares; consultoría e certificación no ámbito da sustentabilidade; participación nunha visita de estudo transnacional; apoio á creación dun itinerario de ecoturismo circular; e o deseño dunha proposta para o concurso final de innovación.

 

As empresas interesadas poderán formalizar a súa solicitude a través deste formulario (en inglés) ata o xoves, 10 de agosto, ás 17:00 horas. O programa agrupará ata 96 MIPEMES de ámbitos relacionados co turismo, 16 por cada país socio representado no consorcio. Cada beneficiario seleccionado recibiría un apoio financeiro, con carácter indicativo, de 6.650,00 euros. Para a resolución de dúbidas sobre a convocatoria pódese contactar coa UVIGO nos seguintes enderezos: loli.docampo@uvigo.es e pilar.munoz@uvigo.es, ou visitar a web oficial do proxecto.

21 de Xuño de 2023

16 microempresas galegas poderán participar no proxecto internacional Ecotours para revitalizar o turismo circular e sostible

Esta iniciativa, cofinanciada pola Comisión Europea, busca potenciar ás comunidades locais converténdoas en laboratorios de codesenvolvemento de ecosistemas turísticos circulares e sostibles. O consorcio do proxecto […]
21 de Xuño de 2023

O Clúster de Turismo pon a disposición das organizacións turísticas un servizo de consultoría gratuíto para a obtención ou mantemento da Q de Calidade e da S de Sustentabilidade

O servizo de consultoría, financiado a través dos convenios de colaboración formalizados pola Axencia Turismo de Galicia-Xunta de Galicia, é gratuíto. Turismo de Galicia publicou unha […]
21 de Xuño de 2023

O Clúster de Turismo celebra a súa primeira década sumando esforzos para consolidar Galicia como un destino de calidade, competitivo e diferenciado

Agradece a confianza depositada polo sector para converter ao Clúster no interlocutor único ante as administracións e ter unha implicación directa nas decisións estratéxicas para o […]
14 de Xuño de 2023

O Camiño Inglés estrea novo albergue de peregrinos o mes de xullo

O presidente do Clúster de Turismo, Cesáreo Pardal, asistiu á inauguración do inmoble a semana pasada. Será o primeiro albergue público de Ferrol.   O pasado […]